Día do Pai

Etiquetas:
09/03/2026

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro (CCHV) pon en marcha unha nova campaña de dinamización comercial con motivo do Día do Pai, baixo o lema A semana de papá, “unha iniciativa pensada para premiar a fidelidade da clientela e incentivar as compras no comercio local. A campaña desenvolverase do xoves 12 ao mércores 18 de marzo e consistirá no sorteo dun premio sorpresa cada día entre as persoas usuarias da App ViveiroCCH. Cada premio diario está valorado en 200 euros, polo que serán un total de 1.200 euros en premios”.

O CCHV explica que “durante toda a semana, quen realice compras nos establecementos asociados poderá participar no sorteo a través da aplicación, optando así a gañar un premio diario que se dará a coñecer cada xornada. Con esta acción, o Centro Comercial Histórico busca dinamizar a actividade...

leer más