Festa do Lacón

04/02/2025

A asociación cultural Saíñas, de Xove, organiza a XVI Festa do Lacón este sábado, día 8 de febreiro, a partir das 20:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes. Haberá sorteos, música en directo e karaoke.

O evento foi presentado este martes na praza do Concello polo presidente da asociación, Jairo Míguez, xunto á concelleira de Cultura, Dolores Meitín, e o alcalde, Demetrio Salgueiro.

13/01/2025

Xove celebrará a décimo sexta edición da Festa do Lacón, organizada pola Asociación Cultural Saiñas, o día 8 de febreiro, sábado. Será a partir das 20:30 horas no Pavillón Municipal de Xove. Haberá sorteos, música en directo e karaoke.

“Preparádevos para unha noite chea de sabor, tradición e bo ambiente. O lacón será o protagonista, pero a compañía será o que faga desta, unha celebración única! Música, boa comida e moitas ganas de pasalo ben”, anuncia a Asociación Cultural Saiñas.