
A asociación cultural Saíñas, de Xove, organiza a XVI Festa do Lacón este sábado, día 8 de febreiro, a partir das 20:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes. Haberá sorteos, música en directo e karaoke.
O evento foi presentado este martes na praza do Concello polo presidente da asociación, Jairo Míguez, xunto á concelleira de Cultura, Dolores Meitín, e o alcalde, Demetrio Salgueiro.