Festival de Nadal

04/08/2016
Grupos de Eslovaquia, Portugal e Ciudad Real participarán no XXXV Festival Folclórico do Emigrante, que se celebra o 6 de agosto en San Miguel de Reinante.
 
O Concello acolleu esta mañá a presentación da XXXV edición do Festival Folclórico do Emigrante que terá lugar este sábado, 6 de agosto. Tamén foi presentada a VI Foliada do Emigrante que se celebrará na noite do venres 5.
 
O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, manifestou nesta presentación que “o que pediría a todos os turistas e a todos os veciños e veciñas de A Mariña e moi especialmente aos do noso concello, que é unha cita obrigada todos os anos participar neste festival. Tamén se presentaba a VI Foliada do Emigrante que vai ser o venres e para a que pedimos tamén esa participación de todos. É a noite do venres ao sábado na que se vai poder gozar dese folclore galego e do folclore internacional o sábado pola tardiña”.
... leer más
15/12/2015
A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo celebra o seu Festival de Nadal este sábado, 19 de decembro, no Teatro.
 
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este sábado, 19 de decembro, no auditorio municipal Hernán Naval o seu tradicional Festival de Nadal. Este ano volve estar dividido en dúas sesións. Nunha primeira, ás 12:00 horas, actuará o alumnado de Música e Movemento, Predanza 1, 2 e 3, Preparatorio Danza, Ballet 1 e Moderno 1 e xa ás 18:00 horas o farán o resto de agrupacións instrumentais e grupos de danza e ballet da Escola.
Hugo García, o director da EMMeD, sinala que “no repertorio deste ano non faltan as panxoliñas, pero tamén hai cabida para outros ritmos como bandas sonoras, música moderna ou rumbas. O de Nadal é, xunto con fin de curso, o festival que máis éxito ten tanto entre o alumnado coma entre o público de aí que cada ano procuremos ofrecer...
leer más
16/12/2014
A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo celebra o seu Festival de Nadal o vindeiro sábado, 20 de decembro.

 

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este sábado, 20 de decembro, no auditorio municipal Hernán Naval o seu tradicional festival de Nadal. Como novidade, este ano a festival estará dividido en dúas sesións. Nunha primeira, ás 12.00 horas, actuará o grupo de Música e Movemento, Predanza 1, 2 e 3, Preparatorio danza, ballet 1 e moderno 1 e xa ás 18.00 horas o farán o resto de agrupacións instrumentais e grupos de danza e ballet da Escola. No repertorio deste ano non faltan as panxoliñas pero tamén hai cabida para outros ritmos como valses, música moderna ou pasodobres. "O de Nadal é, xunto con fin de curso, o festival que máis éxito ten tanto entre o alumnado coma entre o público de aí que cada ano procuremos ofrecer cousas novas tanto a nivel de repertorio coma de posta en escena", apunta...

leer más