Ofrenda
Con motivo do Día Internacional da Muller, VIA Alfoz organiza, un ano máis, a súa tradicional ofrenda floral. Un acto aberto á participación de toda a cidadanía, no que se quere render homenaxe ás mulleres de onte e de hoxe, así como reivindicar a necesidade de seguir avanzando cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.
O acto terá lugar ás 12:00 horas no entorno do Castelo de Castrodouro.
Unha vez mais, como símbolo desta loita constante, depositaranse doce caraveis brancos, un por cada mes do ano, lembrando que a igualdade debe ser un compromiso continuo, non só unha reivindicación dun día. O branco destas flores representa a paz, un recordatorio de que a igualdade non debería ser unha batalla, senón unha realidade compartida por toda a sociedade.
Durante a ofrenda, reflexionarase...
leer másVIA Alfoz organiza a décima edición da tradicional ofrenda floral na conmemoración do Día Internacional da Muller. O eventolevarase a cabo mañá sábado 9 de marzo ás 12:00 horas nas inmediacións do Castelo do Castrodouro. “Un ano mais, e xa van dez, convidamos a toda a veciñanza que libremente queira participar nesta ofrenda foral” indican desde VIA Alfoz, recordando que, coma cada ano, se depositarán doce caraveis brancos no cruceiro do Castelo do Castrodouro, “a cor branca simboliza a paz e os doce os meses do ano, pois debemos honrar ás nosas mulleres tódolos días”.
Antes de depositar as flores, lerase un escrito “en homenaxe ao enorme traballo das nosas mulleres, e en especial para as mulleres de Alfoz, que loitan cada día polo futuro do noso pobo”, Indican desde VIA Alfoz.
O acto contará, entre outros, coa...
leer másO Concello de Mondoñedo e a Diocese de Mondoñedo-Ferrol celebrarán o vindeiro domingo día 9 de setembro o 80 aniversario da Ofrenda Diocesana á Virxe dos Remedios no marco das festas que honran á patroa da Diocese e que se prolongarán desde o venres día 7 ao luns día 10.
Este ano ademais de celebrar a Festas dos Remedios conmemórase o inicio da ofrenda que cada ano presentan, por quendas, as cidades e vilas de Ferrol, Ortigueira, Viveiro, Ribadeo, Vilalba e o propio Concello anfitrión, Mondoñedo. Esta distribución correspóndense coas antigas cabeceiras dos partidos xudiciais que compoñen a actual Diocese de Mondoñedo-Ferrol.
A ofrenda deste ano correspóndelle oficiala á cidade de Ferrol.A maiores, o ano que vén celebrarase o 70 aniversario da proclamación da Virxe dos Remedios como patroa de toda a Diocese.
... leer más