Asociación VEA
24/11/2014
O Concello de Barreiros súmase aos actos de homenaxe que se levarán a cabo o vindeiro martes, 25 de novembro, con motivo da celebración do día internacional para a eliminación da violencia de xénero. Con este motivo, a Concellería de Sanidade e Servizos Sociais e a Concellería de Familia e Muller, en colaboración coa Asociación Vea, organizan dous actos conmemorativos. O primeiro terá lugar o propio martes, 25 de novembro, a partir das 12:00 horas, na praza do Concello. Alí darase lectura a un manifesto en contra da violencia de xénero. O acto concluirá cun minuto de silencio en recordo das persoas falecidas ao longo deste ano, vítimas desta lacra social.
...
leer más