25-N
Veciños, veciñas e traballadores municipais secundaron unha concentración e gardaron un minuto de silencio en recordo das vítimas da violencia de xénero. Despois o alcalde, Alfonso Fuente, deu lectura a un manifesto no que puxo de manifesto que “as agresións, tanto físicas coma verbais, supoñen un atentado á dignidade da persoa. Mentres siga habendo malos tratos na casa e non se interveña a tempo, seguirá habendo nenos e nenas que medren presenciando a violencia contra as súas nais. Os rapaces que ven violencia na casa teñen problemas no desenvolvemento na escola e a miúdo acabarán tendo relacións violentas na súa vida adulta”.
...
leer más
O Concello de Foz conmemorou o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cunha mesa redonda, celebrada o pasado sábado, e unha concentración, que tivo lugar hoxe diante da Casa do Concello e na que o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, leu un manifesto conxunto do Concello de Foz e o Goberno de España. A concelleira de Muller, Mercedes González Alonso, explicou que “el sábado tuvimos una mesa coloquio en la Casa da Cultura, donde hubo bastante público, y fue muy interesante, sobre todo porque se habló de la violencia de género en los jóvenes. Nos acompañaron Javier Ponte, orientador psicopedagógico del colegio Martínez Otero; Julia Vidarte, nuestra orientadora familiar del Concello; Ana Pacio, jefa de la unidad contra la violencia de género de la Subdelegación del Gobierno; y José Manuel Martínez, jefe del...
leer más
O mural para deixar as pegadas malvas en repulsa á violencia de xénero, que o Concello de Lourenzá ía instalar na praza do Conde Santo,foi trasladado onte ás dependencias do colexio Juan Rey debido á chuvia. Un fragmento dese mural será instalado nas dependencias dos Servizos Sociais municipais, que están no Torreón dos Frades.
Ademais, dentro das actividades organizadas para conmemorar o 25 de novembro, baixo o lema Frea a violencia de xénero, no salón de actos da Casa do Concello houbo esta tarde unha charla a cargo da avogada do Centro de...
leer más
O salón de plenos do Concello acolleu unha xuntanza/concentración como acto de repulsa contra a violencia de xénero. Alí gardouse un minuto de silencio polas mulleres asasinadas ao longo deste ano. A continuación tivo lugar a proxección dun vídeo para sensibilizar aos asistentes sobre esta problemática social. Nos actos que tiveron lugar no Concello participaron xogadoras do Burela FSF. Tamén esta tarde foron entregados os premios aos gañadores do VIII Concurso e Microrrelatos e do IV Concurso de Lemas, organizados polo Concello para celebrar o día internacional contra a violencia de xénero. Macarena Ledo e José Díaz foron os gañadores do Concurso de Microrrelatos deste 2014 e José Mª González Pajón, usuario da Fundación Eu Son foi o gañador do Concurso de Lemas.
...
leer más
Burela celebrará o 25 de novembro cun seminario, unha pancarta, unha concentración e a lectura dun manifesto, entre outras actividades, que deu a coñecer no día de hoxe a concelleira de Igualdade, Diana Durán. O 24 de novembro a antiga biblioteca será escenario do II Seminario sobre Violencia de Xénero, que organiza o Concello xunto a asociación Mulleres en Igualdade Burela. A cita xirará entorno á Mocidade ante a violencia de xénero.
Xa o 25 de novembro desenvolverase o acto institucional para conmemorar o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Segundo explica a concelleira de Igualdade, Diana Durán, “ao longo da mañá distribuiremos por Burela lazos de cor morada e tamén a publicación realizada cos microrrelatos gañadores do ano 2013. Colocaremos na entrada do Concello un libro de sinaturas onde aquelas persoas que o desexen poderán...
leer más
Do 16 ao 29 de novembro celebraranse en Ribadeo diversos actos para conmemorar o día internacional da loita contra a violencia de xénero. Haberá teatro nos escaparates de catro comercios, conferencias e dúas performance. As actividades foron presentadas esta tarde nunha rolda de prensa que se celebrou no salón de plenos do Concello.
A programación, organizada pola Concellaría de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo, conta coa colaboración económica da Secretaría Xeral de Igualdade e do Fondo Social Europeo e coa participación dos centros de ensino da vila, da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autonómos (Acisa), co Grupo de...
leer más
O Concello de Barreiros súmase aos actos de homenaxe que se levarán a cabo o vindeiro martes, 25 de novembro, con motivo da celebración do día internacional para a eliminación da violencia de xénero. Con este motivo, a Concellería de Sanidade e Servizos Sociais e a Concellería de Familia e Muller, en colaboración coa Asociación Vea, organizan dous actos conmemorativos. O primeiro terá lugar o propio martes, 25 de novembro, a partir das 12:00 horas, na praza do Concello. Alí darase lectura a un manifesto en contra da violencia de xénero. O acto concluirá cun minuto de silencio en recordo das persoas falecidas ao longo deste ano, vítimas desta lacra social.
...
leer más