Nocturna
O próximo 23 de agosto a Asociación Deportiva de Sendeirismo de Burela organiza a ruta nocturna Fazouro-Burela, unha experiencia para camiñar baixo as estrelas e descubrir a costa da Mariña Lucense dun xeito diferente.
A aventura comezará ás 21:40 horas coa saída en tren desde a estación de Burela ata a estación de Fazouro. Desde alí os asistentes percorrerán 10 quilómetros de dificultade baixa de volta a Burela.
A actividade ten un custo de 5 euros para socios e 8 euros para os non asociados, que inclúe o traxecto en tren e unha chocolatada ao final da ruta na cafetería Boas Migas.
A organización recomenda levar chaleco reflector e lanterna para garantir unha ruta segura e cómoda.
As inscricións poden facerse no grupo de Whatsapp da asociación ou chamando aos...
leer másO 16 de agosto celebrarase a tradicional Marcha Nocturna organizada pola asociación Os Sendeiros de Foz. Trátase xa da 14ª edición desta actividade, que percorrerá o habitual traxecto de aproximadamente 5 quilómetros, cun nivel de dificultade baixo.
A saída será ás 22 horas desde a praza do Concello de Foz, e recomendase levar unha lanterna ou farol para maior visibilidade.
Ao rematar a ruta, os participantes poderán desfrutar dun merecido descanso con chocolate quente, biscoito e mini croissants no chiringuito da praia de Llas, O Arrecife, grazas á colaboración de Xoyma.
A inscrición ten un custo de 5 euros para os non federados con seguro de accidentes e é obrigatorio inscribirse antes do martes 12 de agosto. Pódese facer a través dos teléfonos: 606 718 482 (Laura) e 670 369 017 (Morís...
leer másA VII Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que terá lugar o 23 de agosto, foi presentada hoxe no Pazo de Ibáñez con asistencia de representantes do Concello de Ribadeo, da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo e de Acisa, así como con patrocinadores e membros do Club Atletismo Ribadeo.
Son 14 as categorías que inclúe esta carreira, consolidada no calendario de verán da Mariña lucense. As categorías dende pitufo ata alevín terán lugar arredor do parque San Francisco, infantil e cadete sairán dende o Faro da Illa Pancha e a proba absoluta de 9 quilómetros sairá dende a vila mariñeira de Rinlo ata Ribadeo, con meta diante do Concello. Ata o día de hoxe, segundo informa o club organizador, son 252 as persoas inscritas. O prazo para anotarse remata o 20 de agosto ás 23:59 horas.
Tod@s @s participantes levarán unha...
leer másA asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras convoca a todos os afeccionados ao sendeirismo a participar na ruta nocturna entre Fazouro e Burela, que terá lugar o vindeiro sábado, 24 de agosto.
A actividade comezará coa saída en tren desde a estación de Burela ás 21:40 horas, en dirección á de Fazouro. Unha vez alí, os participantes emprenderán o camiño de volta a pé ata Burela, nunha ruta de 10 quilómetros de dificultade baixa.
O prezo para participar é de 5 euros, e inclúe a viaxe en tren e unha chocolatada á chegada, que se servirá na cafetería Boas Migas. Para garantir a seguridade dos sendeiristas recomendase levar chaleco reflector e lanterna.
As inscricións pódense realizar no grupo de WhatsApp da asociación ou a través dos números 666609875 e 676023177, antes do xoves...
leer másA marcha nocturna, que organiza Os Sendeiros de Foz, terá lugar o 14 de agosto ás 22:00 horas con saída desde a praza do Concello.
Recoméndase levar lanterna ou farol. O prezo será de 5 euros para os non federados. As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 12 de agosto nos seguintes teléfonos: 606 718 482 ou 670 369 017, ou tamén no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es
Trátase dunha sinxela ruta que rematará con chocolate e biscoito.
A falta de 20 días para a súa celebración xa hai máis de 270 inscritos para participar na VI Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explica que “este evento deportivo terá lugar o 17 de agosto. A categoría de cativos desenvolverase ás 20 horas no parque de San Francisco, os infantís e cadetes sairán ás 21:30 horas desde o faro, e a carreira absoluta partirá ás 21:45 horas desde Rinlo. Nestes momentos hai máis de 270 inscritos e agardamos incrementar esa cifra ao longo dos vindeiros días”.
O edil ribadense subliña que “esta carreira é de grande importancia tanto a nivel deportivo como turístico, xa que discorre grande parte polo litoral ribadense. Os participantes poderán gozar dunhas vistas envexables”.
A VI Carreira Nocturna está organizada...
leer másO próximo 14 de agosto celebrarase a duodécima edición da Marcha Nocturna, que organiza a asociación Sendeiros de Foz. Como sempre, será pola ruta das praias de Foz e dará comezo ás 22 horas diante do Concello. Os organizadores lembran a importancia de levar farol ou lanterna.
Para participar é obrigatorio anotarse antes do 12 de agosto nos teléfonos 606718482 ou 670369017 e no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prezo a pagar será de 5 euros para os non federados, que incluirá seguro de accidentes. Ademais haberá chocolate e biscoito.
O evento conta coa colaboración do Concello. Pasando por diferentes puntos da vila, a marcha rematará na praia da Rapadoira.
A Asociación Deportiva de Sendeirismo de Burela Pasada das Cabras organiza o vindeiro sábado, 20 de agosto, unha ruta nocturna.
Esta ruta sairá as 22:00 horas dende a Praza da Mariña, en Burela, e chegará ata San Cibrao. Nesa vila tomarase un chocolate con churros en “O Noso Lar” para repoñer forzas. Desde a organización explican que “a volta xa será por libre, os que queiran voltarán andando e os que non lles apeteza xa serán previsores e deixarán un coche en San Cibrao para voltar”. O chocolate con churros será totalmente gratuito para os socios e terá un coste de 5 € para os non socios.
E engaden que “de todas formas tanto socios como non socios teñen que anotarse para poder reservar no restaurante. Poden facelo en Gráficas Arfe ou ben nos teléfonos: 982 580 504 e 657 821 194, este último con whatsapp por si a...
leer másO Concello de Xove, xunto coa asociación A Balea Verde, organizan a Camiñata Nocturna Perseidas, unha andaina para ver esta espectacular chuvia de estrelas, tamén coñecida como as lágrimas de San Lorenzo.
Esta ruta terá lugar o 12 de agosto, saíndo as 23:00 horas dende A Balea Verde, na Praia de Morás. Terá unha duración aproximada de dúas horas, e deberase levar luz frontal ou lanterna, bastóns e esterilla ou manta.
As prazas son limitadas, as persoas interesadas en acudir poderán inscribirse na OMIX ata o venres, 12 de agosto.
A asociación Os Sendeiros de Foz, coa colaboración do Concello, organizará o domingo, 14 de agosto, a 11ª marcha nocturna.
Comezará ás 22:30 horas na praza do concello e será polas rúas de Foz ata coller o paseo das praias en Llas chegando así de volta a Foz. A ruta será por zoa escura, polo que se deberá levar lanterna ou farol.
O prezo será 4 euros para os non federados, con seguro de accidentes obrigatorio. Os interesados en anotarse poderán facelo nos teléfonos 606718482 - Laura, 670369017 - Morís ou no mail ossendeiros@yahoo.es, tendo de prazo ata o 12 de agosto.