A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras organiza a ruta nocturna entre Fazouro e Burela este sábado, 24 de agosto

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras convoca a todos os afeccionados ao sendeirismo a participar na ruta nocturna entre Fazouro e Burela, que terá lugar o vindeiro sábado, 24 de agosto.

A actividade comezará coa saída en tren desde a estación de Burela ás 21:40 horas, en dirección á de Fazouro. Unha vez alí, os participantes emprenderán o camiño de volta a pé ata Burela, nunha ruta de 10 quilómetros de dificultade baixa.

O prezo para participar é de 5 euros, e inclúe a viaxe en tren e unha chocolatada á chegada, que se servirá na cafetería Boas Migas. Para garantir a seguridade dos sendeiristas recomendase levar chaleco reflector e lanterna. 

As inscricións pódense realizar no grupo de WhatsApp da asociación ou a través dos números 666609875 e 676023177, antes do xoves 22 de agosto.