Saberes do Monte
O norte da provincia de Lugo converterase esta fin de semana nun escenario gastronómico e de transmisión de coñecemento. O sábado 7 e o domingo 8 de xuño poñerase en marcha a primeira experiencia piloto de Saberes do Monte, unha marca creada ao abeiro do proxecto RURALtXA!, centrada na conservación da biodiversidade a través da bioeconomía.
O sábado 7 e o domingo 8 cinco restaurantes dos concellos de Abadín (Casa Goás), Barreiros (Hotel Rías Altas), O Valadouro (restaurante Asturias), Foz (Hotel Oca) e Mondoñedo (A Taberna da Galiana), servirán tapas e pratos especiais elaborados con carne de tenreira, poldro e mel producidos na Serra do Xistral.
O evento dará inicio o sábado 7 pola mañá (11:30 horas) no restaurante Asturias, en Ferreira do Valadouro, coa presentación oficial da marca Saberes do Monte (11:45-12:00 horas) e un...
leer más