Pregoeira
A asociación organizadora das Feiras e Festas das Quendas e das San Lucas, de Mondoñedo, anuncia que a pregoeira de As Quendas 2025 será Xulia Nogueira, directora do coro Mestre Pacheco e mestra de música da Escola Municipal O Pallarego.
O colectivo organizador dos festexos mindonienses explica que “Xulia Nogueira naceu en Lugo. Afeccionada á música dende moi cativa, titulouse en violonchelo polo Conservatorio Superior de Música de Santiago, dedicando a súa vida á arte e á ensinanza musical. A súa formación académica inclúe estudos avanzados en técnica vogal, educación musical infantil, improvisación musical e cursos de postgrao en Musicoterapia. Durante os seus primeiros anos de docencia participou activamente en cursos especializados como as Xornadas de Formación Orquestral da Xoven Orquestra de Galicia e dende o ano 1990 ata a...
leer másEn pleno xullo e a piques de comezar ás festas do Carme, o Concello de Foz e a comisión de festas O Noso Foz anunciaron a pregoeira das festas do San Lourenzo: a cómica, guionista e youtuber Carolina Iglesias Mosquera, máis coñecida en redes sociais como Percebes y Grelos.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “Carolina ten unha fonda relación con Foz, os seus avós formaron unha familia no pobo e en palabras da propia Carolina estarían moi contentos se soubesen que vou ser a pregoeira. Como curiosidade o pregón do San Lourenzo (8 de agosto) coincide co cumpreanos dela”.
Dende o Concello e a asociación O Noso Foz móstranse moi contentos. Inés López Couto comenta: “ao principio non sabíamos moi ben como contactar con ela, pero foi moi amable e só nos puxo facilidades”. Fátima Novo, a presidenta de...
leer másA historiadora da USC Pilar Cagiao será a pregoeira do IX Ribadeo Indiano. O evento, que foi presentado hoxe na vila ribadense, será promocionado mañá, 31 de maio, en Santiago e o 7 de xuño en Oviedo.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, explicou que “a novena edición do Ribadeo Indiano vai ser presentada este venres, 31 de maio, en Santiago de Compostela, coa asistencia do conselleiro de Cultura, José López Campos, e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, así como unha delegación do equipo de goberno municipal e de Acisa. E o 7 de xuño daremos a coñecer este evento no Ayuntamiento de Oviedo”.
A edil sinalou que “as actividades previas ao Ribadeo Indiano arrincarán xa o vindeiro 15 de xuño. Están programadas diferentes visitas guiadas, obradoiros de repostería para o sector hostaleiro e...
leer más