Ribadeo Indiano

04/07/2025

Acisa entrega de forma gratuíta 14.000 bolsas conmemorativas do X Ribadeo Indiano ao comercio asociado. Trátase dunha iniciativa enmarcada no programa de actuacións do proxecto de dinamización comercial O teu comercio local é extraordinario, que a asociación ribadense está a desenvolver co cofinanciamento da Xunta de Galicia.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou: “hoxe para nós é un día importante, porque ten lugar a presentación das novas bolsas que desde Acisa estamos a distribuír entre as nosas asociadas e asociadas. A entrega de materiais gratuítos é unhas das sinais de identidade de Acisa desde hai anos, xa que é algo moi demandado por parte dos negocios asociados. Deste xeito contribuímos a abaratar os custes que un negocio ten que sufragar ao longo do ano. Pero este lote de bolsas é moi especial, porque se trata...

leer más
Etiquetas:
01/07/2025

Acisa Ribadeo repartirá vasos de plástico ríxido reutilizable como recordo conmemorativo do X Ribadeo Indiano. Trátase de 15.000 recipientes serigrafiados. Na presentación participaron a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e Acisa.

A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, indicou que “Acisa coorganiza xunto ao Concello o Ribadeo Indiano, cita na que nos implicamos de xeito especial, xa que se trata dun evento que cada ano se fai máis importante para o comercio e a hostalería ribadense, e que xera unha actividade económica inigualable. Todos os negocios están agardando por esta fin de semana e prepáranse para atender da mellor forma posible aos milleiros de persoas que do 11 ao 13 de xullo se achegarán á nosa vila. Por iso cada ano, desde a organización do Ribadeo Indiano, tentamos ir a máis e poñemos en marcha...

leer más
01/07/2025

Desembarco, exposicións, proxeccións, charlas, concertos ou xincana son algunhas das actividades para todos os públicos das que poderán gozar todos os que se acheguen ao Ribadeo Indiano do 11 ao 13 de xullo.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anunciou que “o evento histórico cultural Ribadeo Indiano chega con moitas actividades. Despois de gozar das antevésperas e das vésperas temos diante un completo programa de tres días para a décima edición”. A edil subliñou que “o protagonista é Ramón González, no centenario do seu pasamento, e del falará no pregón Martín Vizoso Fernández o venres ás 19:00 horas. Aumentaremos coñecementos na presentación do libro de Celia Castro Ramón González e Corona González: un matrimonio de filántropos, o sábado ás 11:30 horas no Teatro. O domingo neste mesmo lugar e de novo ás 11:30 podemos ver...

leer más
18/06/2025

Os establecementos asociados a Acisa repartirán 160.000 rifas entre o 20 de xuño e o 13 de xullo, xornada na que terá lugar o sorteo dunha viaxe a México no marco do X Ribadeo Indiano. Será ao remate do concerto que Los Van Van ofrecerán na rúa San Roque.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “dende Acisa quixemos poñer os máximos recursos posibles a disposición dos nosos socios e socias para contribuír a facer o mellor Ribadeo Indiano posible e deste xeito dinamizar a economía local. E por iso neste 2025 volve o sorteo dunha viaxe para dúas persoas. Pero chega cunha novidade, xa que este ano o destino será México. Somos conscientes do éxito que tivo esta iniciativa nas edicións pasadas e consideramos que non podía faltar este ano, pero queriamos darlle un impulso. Será a quinta vez que desde Acisa enviemos ás Américas a unha...

leer más