Festas

Etiquetas:
24/09/2026

O programa da Vicepresidencia da Deputación Un Gusto de Rural, un Rural Degusto, que promociona e pon en valor as carnes e os produtos derivados das razas autóctonas, estará presente nas festas de Galdo. en Viveiro. A partir das 21.30 horas do venres 25 de setembro haberá degustación de porco celta á brasa, grazas a colaboración con ASOPORCEL (Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta) e a Gandería Casa Labradela, de Xove.

A deputada provincial Iria Castro presentou a iniciativa acompañada por membros da Comisión de Festas de Galdo e de Asoporcel.

A Vicepresidencia da Deputación explica que “os programas de degustacións promovidas pola área de Rural en programas das festas ofrecen un escaparate para a promoción da calidade destes produtos e para a posta en valor do traballo das ganderías locais que se...

leer más
21/09/2026

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e membros da Comisión das Festas Virxe dos Dolores presentaron o programa das celebracións, que se desenvolverán esta fin de semana, sábado 26 e domingo 27 de setembro.

A programación arrancará o sábado 26 de setembro ás 14:00 horas cunha sesión vermú a cargo de Luxor Music Show. Xa pola noite, a partir das 22:30 horas, terá lugar unha verbena amenizada por Luxor Music Show e Discomóbil Conxuro.

O domingo 27 de setembro “será a quenda da tradición, coa pasarrúas a cargo do grupo Fol do Raxal. Ás 13:00 horas celebrarase a misa solemne cantada polo Coro de Cervo, seguida da procesión acompañada polo grupo Fol do Raxal. A continuación, os asistentes poderán desfrutar dunha sesión vermú prolongada a cargo de Discomóbil Conxuro”, explica o Concello de Cervo.

... leer más
20/09/2026

O Cadramón, no municipio do Valadouro, celebrará as súas festas patronais na honra a San Xorxe e San Cosme do venres 25 ao domingo 27 de setembro. Serán na explanada a carón da igrexa de San Xorxe e contarán coa actuación da orquestra Acordes.

As actividades comezarán o venres cunha churrascada e a continuación haberá verbena amenizada pola orquestra Acordes.

O sábado ás 13:30 horas celebrarase misa solemne con procesión e vermú coa orquestra Escaparate, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Galia.

E o domingo ás 13.15 horas farase a bendición do gando e a continuación misa solemne con procesión e sesión vermú co dúo La Hora Bruja.

Etiquetas:
17/09/2026

A parroquia de Vieiro, no municipio de Viveiro, celebra as festas na honra a San Cipriano desde este venres, 18 de setembro, ata o domingo 20.

O Concello de Viviero anuncia que serán tres días de celebración con churrascada popular, misas e procesión, sesións vermú e verbenas, coa música dos dúos Venus, Belinda e Son de Festa, das orquestras Principal e Gran Parada e de DJ Juanjo.

Etiquetas:
13/09/2026

As festas de Trasbar, no municipio de Cervo, celebraranse os días 16, 18, 19 e 20 de setembro.

As actividades comezarán o mércores 16 ás 13:00 horas con misa solemne na honra á patroa, Santa Eufemia, e logo haberá sesión vermú co grupo Foles de Viveiro, dentro do programa Tradigalu, da Deputación de Lugo.

O venres 18 será a primeira verbena, a partir das 23:00 horas con Conxuro Discoteca Móvil.

O sábado ás 14:00 horas celebrarase misa solemne e procesión na honra a San Eufemina e a continuación sesión vermú coa orquestra Alabama, que tamén actuará na verbena coa Discoteca Móvil Conxuro.

E o domingo 20 ás 13:00 horas haberá misa solemne e procesión na honra á Virxe do Carme e Santa Antonio e despois sesión vermú longa co dúo Epok. E rematarán os actos ás 21:00...

leer más
10/09/2026

Mondoñedo celebra as súas festas patronais na honra á Virxe dos Remedios desde este venres, día 11 de setembro, ata o luns 14.

As actividades comezarán o venres ás 20:30 horas coa sexta edición do Festival Mamá quero Cantar, no auditorio municipal Pascual Veiga.

O sábado 12 ás 12:30 horas haberá o espectáculo infantil DiverS@S, con Bátega Teatro. Será no xardín da Igrexa dos Remedios. Ás 13;45 horas, sesión vermú na Alameda coa orquestra Miramar. Ás 14:00 horas  actuará o grupo tradicional A Requinta de Lampai, na praza do Concello, organizado por Gaita Escola. Ás 17:30 horas haberá un obradoiro de iniciación ao baile tradicional (actividade aberta e de balde), tamén organizado por Gaita Escola. Ás 18:00 horas, espectáculo infantil A nena e o grilo camiño das cores no auditorio municipal. Ás 20:...

leer más
Etiquetas:
08/09/2026

O deputado provincial de Medio Rural, Daniel García, participou na presentación da Feira de Gando Cabalar, organizada pola Asociación de Veciños de Augaxosa, que terá lugar este sábado, día 12, coincidindo coas festas parroquiais desa parroquia de Riotorto, que se celebran do venres 11 ao domingo 13 de setembro.

A Vicepresidencia da Deputación, a través da Área de Medio Rural, anuncia que “contribúe ao desenvolvemento desta cita coa achega de 5.000 euros, fortalecendo así a súa colaboración coas feiras cabalares que se celebran na provincia, especialmente na Mariña interior, e favorecendo a continuidade dunha tradición estreitamente ligada ao territorio”. Neste senso Daniel García sinalou “o traballo da asociación veciñal á
hora de manter unha feira documentada desde o século XVIII, e
consolidada como unha das máis importantes da contorna e que,...

leer más
Etiquetas:
07/09/2026

Os Cocos e os Cabezudos, acompañados do cuarteto tradicional Illa Pancha, percorreron esta mañá as rúas de Ribadeo. A vila vive os días grandes das súas festas patronais.

Para as dúas da tarde hai prevista unha nova sesión vermú a cargo do Dúo Venus. Xa pola tarde ás 20:30 horas a Mekanika Rolling Band encherá de música e bo ambiente as rúas. Para as 23:00 horas está previsto o inicio da verbena no recinto feiral, que contará coa participación da orquestra Los Satélites e do grupo Tekila. E ás doce da noite no peirao será a gran sesión de fogos artificiais, a máis espectacular de todos os tempos, a cargo de pirotecnia Reiriz. 

Mañá é festivo local en Ribadeo. O Día da Patroa dará comezo ás 11:30 horas coa recepción na Casa do Concello das autoridades e acompañamento á igrexa parroquial co cuarteto de gaitas Illa...

leer más
Etiquetas:
05/09/2026

Acisa colabora un ano máis coa comisión organizadora das festas patronais de Ribadeo. Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa.

Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.

03/09/2026

O deputado provincial Daniel García mantivo este xoves, 3 de setembro, un encontro coa Comisión de Festas de Ribadeo, festexos que comezan esta fin de semana os días grandes e que contan co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que anuncia: “a Mekanika Rolling Band percorrerá o luns 7 de setembro as rúas de Ribadeo, ampliando a oferta musical das festas. A actuación forma parte da programación que a área de Cultura desprega na provincia en colaboración co tecido asociativo, e que suma preto de 350 actuacións musicais, espectáculos escénicos, obradoiros e proxeccións audiovisuais nos distintos concellos da provincia no que vai de ano”.

Daniel García aproveitou o encontro para remarcar “a importancia da iniciativa e o traballo colectivo na celebración de festas e eventos populares, que son punto de encontro interxeracional e que...

leer más