Festas
Ourol celebrará as festas na honra á Nosa Señora os días 9, 10 e 15 de agosto.
As actividades comezarán este sábado, día 9 de agosto. De 14:00 a 20:00 horas no Edificio Multiusos poderá visitarse a exposición de cadros titulada Serie casas indianas, de José Manuel Hermida Blanco (Senel), con entrada gratuíta. Ás 14:00 horas haberá sesión vermú con orquestra Supertop e ás 15:00 empezará un xantar popular na carpa situada na Praza do Concello (para participar hai que inscribirse previamente e o prazo para anotarse está aberto ata este mércores, día 6 de agosto, ás 13:00 horas no teléfono 982.55.91.09 ou nas dependencias municipais). A continuación haberá baile de tarde con José Manuel, ex cantante da orquestra Abanico. E ás 22:30 horas comezará a verbena coas orquestras Supertop e Tοkio.
O domingo 10 desde...
leer másDo 8 ao 10 de agosto a parroquia de Vilameá (A Pontenova) converterase no epicentro da música, a gastronomía e a tradición coa celebración das súas Festas na honra da Virxe das Neves e San Roque. Tres días de programación para todos os públicos, organizados pola Comisión de Festas, que combinan actos relixiosos, comidas populares e grandes actuación musicais.
O arranque será este venres, 8 de agosto, coa gran churrascada, servida a partir das 22:00 horas. No menú non faltarán a empanada, o churrasco, o chourizo, a sobremesa, a bebida e o café, cun prezo de 20 euros para adultos e 12 euros para nenos/as de 3 a 12 anos. As entradas poden adquirirse en Orli Lavandera, Sidrería A Mina, Librería Eugenia e Panadería Millán, ou a través dos membros da comisión: Mónica (686 010 078), Diego (666 746 096), Pada (686 207 135) e Modesto (606 178 109)...
leer másA parroquia de Xuances, no concello de Xove, recupera este ano as súas festas na honra a San Pedro Fiz, que se celebrarán esta fin de semana, días 9 e 10 de agosto.
O Concello de Xove anuncia que “o vindeiro sábado 9 de agosto e o domingo día 10 son as festas na honra a San Pedro Fiz e as inmediacións da praia de Esteiro van formar parte do escenario perfecto para estas festas parroquiais”.
A Asociación de Veciños San Pedro, de Xuances, con Daniel Alonso, José Meitín e Eleodora López como membros da directiva desta comisión organizadora, fixeron a presentación do cartel acompañados polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, María Dolores Meitín, invitando aos visitantes e a toda a veciñanza “a pasar uns días de convivencia e diversión garantidas”.
As actividades comezarán o sábado ás 14:00 horas con sesión vermú co grupo Lecer. Ás 20:...
leer másA parroquia de San Xusto, no concello de Barreiros, está de festas os días 6 e 7 de agosto, mércores e xoves.
Os festexos, na honra a San Xusto e San Pastor, comezarán o mércores ás 13:00 horas con misa solemne e despois procesión de 14 imaxes, acompañada polos gaiteiros de O Arco da Vella, de San Miguel, seguida de sesión vermú coa orquestra D´Noche, que tamén actuará na verbena xunto a orquestra Capitol.
E o xoves ás 13:00 horas celebrarase misa solemne con procesión de 14 imaxes, acompañada polos gaiteiros de O Arco da Vella, de San Miguel, seguida de sesión vermú co grupo Mar de Arousa, que tamén amenizará a verbena xunto ao Grupo Beatriz.
A organización destaca que o campo da festa estará cuberto con carpa e haberá amplos aparcamentos gratuítos.
O Concello de Viveiro anuncia que o luns 4 de agosto abrirase o prazo para inscribir aos nenos e nenas que desexen participar acompañando aos cabezudos nas tradicionais saídas polas rúas durante as festas patronais, do 11 ao 15 de agosto.
“A actividade está dirixida a pícaros e pícaras de entre 7 e 12 anos, que levarán as cabezas de enanitos e formarán parte do pasarrúas xunto aos cabezudos. Cada neno ou nena poderá participar un só día. A inscrición poderá realizarse no Teatro Pastor Díaz, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá anotar un máximo de 4 nenos/as. As prazas estarán dispoñibles ata cubrir o límite establecido, e adoitan completarse en poucas horas, polo...
leer másOs días 1, 2 e 3 de agosto celebraranse as festas patronais do Vicedo, na honra a Santo Estevo e Santa Lucía. Terán lugar no centro da vila o venres e o sábado, pero o domingo serán na praia de Xilloi.
As actividades comezarán o venres a partir das 22:45 horas, con verbena amenizada polo grupo La Mecánica e a orquestra Metrópolis.
O sábado ás 10:30 horas haberá pasacalles a cargo dun grupo de gaitas; ás 12 horas, eucaristía solemne na honra a Santo Estevo e Santa Lucía e de seguido procesión. Ás 14:00 horas, sesión vermú a cargo do grupo Jaque, que tamén actuará na verbena, a partir das 22:45 horas, xunto ao grupo M3 Show.
E o domingo ás 12 horas celebrarase misa de campaña na praia de Xilloi na honra a Santo Estevo, seguida de procesión. Ás 13:30 horas haberá sesión vermú dobre amenizada...
leer másA parroquia de Sumoas, no concello de Xove, celebra as festas na honra a San Antón os días 1, 2 e 3 de agosto.
O Concello de Xove anuncia que “a Asociación de Festejos Rodraguel, de Sumoas, invita a veciños e visitantes a acercarse esta fin de semana a gozar das festas patronais da súa parroquia, na honra a San Antón, empezando xa o venres día 1 de agosto cunha gran churrascada. Tivo lugar a presentación do cartaz onde estiveron presentes Leandro Quelle e José Manuel Franco, como membros da comisión organizadora, acompañados polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, María Dolores Meitín”.
As actividades comezarán o venres 1 ás 20:30 con churrascada; e despois haberá verbena amenizada polo grupo Pasión e o dúo Belinda.
O sábado celebrarase misa solemne ás 13:00...
leer másA parroquia de Galdo, no concello de Viveiro, celebra as festas de San Pantaleón e Santa María os días 27 e 28 de agosto, domingo e luns.
As actividades comezarán o domingo ás 13:00 horas con misa solemne e despois procesión coa banda de gaitas Non cho digo. Ás 14:00 horas empezará a sesión vermú coa orquestra Solara, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Fussión.
E o luns ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. Ás 14:00 haberá sesión vermú coa orquestra Galilea, que tamén amenizará a verbena xunto a Conxuro Discomóvil. Para rematar a festa haberá queimada popular.
A organización tamén anuncia que “haberá mesas e sillas no campo da festa e amplos aparcamentos gratuítos”.
Vilela, no concello de Ribadeo, celebra as festas do Carme este sábado, día 26 de xullo.
As actividades comezarán ás 12:30 horas con procesión coa Virxe do Carme, a Virxe das Dores e San Marcos acompañada por gaiteiros. Ás 13:00 celebrarase misa solemne e ás 14:00 horas empezará a sesión vermú co dúo Belinda.
De 17:00 a 20:30 horas haberá festa para nen@s, con inchables e toro mecánico. Ás 18:00 actuará o dúo Belinda e realizarase un sorteo sorpresa. E ás 22:00 horas empezará a verbena coas orquestras Alabama e Madastur.
A parroquia de Reinante, no concello de Barreiros, celebra as festas do Santiago este venres, día 25 de xullo.
Ás 13:00 horas haberá misa solemne cantada pola Coral da Devesa, seguida de procesión acompañada polo grupo folclórico O Arco da Vella. A continuación, sesión vermú co grupo Lecer, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Los Adrianos.












