Festas
A parroquia de Galdo, no concello de Viveiro, celebrará as súas festas na honra a San Miguel esta fin de semana, do venres 27 ao domingo 29 de setembro.
As actividades comezarán o venres ás 21:30 horas con degustación gratuíta de carne de porco á brasa. Despois haberá verbena co grupo Zona zero e Juanjo DJ.
O sábado ás 14:00 horas empezará a sesión vermú coa orquestra Costa Dorada, que tamén actuará na verbena xunto á Disco Móbil Conxuro.
E o domingo ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e despois procesión. De seguido haberá sesión vermú coa orquestra Salsarena e xantar popular no Campo da Festa, con aforo limitado. Os festexos rematarán cun baile de tarde amenizado pola orquestra Salsarena e Jorge Menéndez.
Villaemil, na Pontenova, celebrará as festas na honra de San Miguel do venres 27 ao domingo 29 de setembro.
As actividades comezarán o venres ás 21:30 horas con degustación de polbo e xamón cocido. E haberá verbena amenizada polos dúos Zafiro e Tropical.
O sábado 28 ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e seguidamente sesión vermú amenizada polo grupo Lecer e Javi Show, que tamén actuarán na verbena.
E o domingo haberá sesión vermú prolongada coa actuación de Javi Show.
A parroquia de Cervo celebrará a Festa na Honra da Virxe das Dolores a vindeira fin de semana, deste o venres 20 ata o domingo 22 de setembro. A cita, organizada pola asociación Virxe das Dolores, coa colaboración do Concello, foi presentada pola tenente de alcaldesa, Mali Méndez, polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e polo membro da comisión de Festas Francisco Casas.
O Concello de Cervo anuncia que “a antesala dos festexos será este venres, coa ruta Venres de Petiscos nos locais A Sacabeira, O Almacén, O Caseto de Copa e A Taberna de Sargadelos. Xa o sábado 21 arrincará a festa propiamente dita cunha sesión vermú ás 14:00 horas a cargo de Louband Street Band, que repetirá pola noite na verbena a partir das 22:30 horas, seguida de Disco Móbil Conxuro. E o domingo 22 haberá pasarrúas a cargo de Fol do Raxal e misa solemne ás 13:00 horas...
leer másA parroquia ribadense de Couxela celebra a súa XIX Festa na honra da Virxe das Dores, o sábado 21 de setembro.
O programa de festexos dará comezo ás 13:00 horas coa celebración da misa solemne seguida de procesión, que estará acompañada por Illa Pancha Cuarteto Tradicional. Despois haberá sesión vermú co solista Jaime Paredes.
A partir das 22:45 horas terá lugar a verbena co solista Jaime Paredes e a orquestra Tania Blanco Show.
Colaboran coa organización desta actividade: Concello de Ribadeo e Xunta de Galicia.
O Cadramón, en O Valadouro, celebra as súas festas na honra a San Xorxe e San Cosme, os días 27, 28 e 29 deste mes de setembro.
O venres 27 ás 13:15 horas será a bendición seguida de misa solemne e sesión vermú con Tania Veiras y los Cumbiapop. Pola noite haberá unha gran churrascada tamén amenizada por Tania Veiras y los Cumbiapop. A venda de tíckets será desde as 21:00 ata as 23:00 horas.
O sábado 28 ás 13:30 horas dará comezo a misa solemne que rematará con procesión e despois sesión vermú con JB Son, que tamén actuará na verbena xunto a Finisterre.
O domingo 29 ás 13:30 horas celebrarase a misa solemne seguida de procesión e sesión vermú co Dúo Belinda. O campo estará cuberto con carpa.
O Concello de O Valadouro colabora coa organización destes festexos. ...
leer másA parroquia de Augaxosa, en Riotorto, celebra as súas feiras e festas na honra a San Roque os vindeiros días 13, 14 e 15 deste mes de setembro.
O venres 13 a partir das 21:30 horas haberá unha gran pulpada, tamén con churrasco, xamón cocido, postre e café. De seguido celebrarase a verbena amenizada pola orquestra Principal e DJ Billy.
O sábado 14 ás 9:30 horas terá lugar a inauguración da Feira de Gando con premios para os gandeiros. Haberá pasarrúas polo pobo con Gaiteiros de Augaxosa e ás 13:30 horas misa seguida de procesión e sesión vermú con Fuxsion Latina que tamén estará na verbena.
O domingo 15 ás 13:30 horas celebrarase a misa con procesión e despois sesión vermú co Dúo Venus. O campo estará cuberto con carpa.
O Concello de Riotorto colabora na...
leer másO lugar de Trasbar celebrará a próxima fin de semana, do 13 ao 16 de setembro, a romaría de Santa Eufemia.
A cita festiva foi presentada polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por unha representación da asociación de veciños do Burgo de Trasbar, que se encarga da organización dos festexos.
A Romaría dará comezo o venres ás 23:00 horas da man de Disco Móbil Conxuro.
O sábado, ás 13:00 horas será a misa solemne na honra de Santa Eufemia, e a continuación terá lugar a sesión vermú da man do grupo Fénix, que repetirá na verbena con Disco Móbil Conxuro, a partir das 22:30 horas.
O domingo, ás 13:00 horas volverá haber misa, na honra de San Antonio e o Carme, seguida de sesión vermú co Dúo Son de Festa. Ás 20:00 horas, será a misa solemne na capela de arriba e o...
leer másA parroquia viveirense de Galdo estará de festa dos días 27 ao 29 de setembro.
Do venres 27 ao domingo 29 deste mes amenizarán os festexos, no apartado musical, o grupo Zona Zero, Juanjo DJ, as orquestras Costa Dorada e Salsarena, Disco Móbil Conxuro e Jorge Menéndez.
A parroquia ribadense de Cubelas celebra a súa festa na honra á Virxe das Dores o día 21 de setembro.
O sábado 21 terá lugar a III Comida de Produtos da Horta e Gandeiría do Rural de Ribadeo. Ás 12:30 horas haberá unha misa solemne e procesión seguida de sesión vermú co Dúo Matices.
Ás 15:00 horas comezará o xantar cun menú composto por fabada, tenreira asada con guarnición e patacas, postre, café e bebidas. O prezo para os adultos é de 26 euros e para @s nen@s (de 3 a 10 anos) de 13€.
Ás 19:00 horas dará comezo a sesión de tarde co Dúo Matices e o Grupo Lecer. Ademais haberá inchables para os máis cativos, sorteos e sorpresas para os asistentes.
Colaboran na organización destes festexos: Concello de Ribadeo e Xunta de Galicia.
Negradas, no concello do Vicedo, celebrará as tradicionais festas na honra de San Miguel o vindeiro 28 de setembro.
Os actos darán comezo ás 13:00 horas cunha misa cantada, seguida de procesión, na honra do santo patrón. A continuación, terá lugar a sesión vermú amenizada polo Grupo Fénix, que tamén será un dos encargados de poñer a nota musical na gran verbena nocturna, que comezará ás 22:30 horas. Durante a verbena, a animación estará garantida coa actuación do Grupo Fénix e a Orquestra Solara, prometendo unha noite de festa e diversión para todos os asistentes.
Ademais, a organización dispón dun amplo aparcamento gratuíto e dunha pista de baile cuberta para asegurar a comodidade dos asistentes.