Vilaoudriz (A Pontenova) celebra as festas da Virxe das Dores do 19 ao 21 de setembro

A parroquia de Vilaoudriz, no municipio da Pontenova, celebrará as festas na honra á Virxe das Dores desde este venres, 19 de setembro, ata o domingo 21.

As actividades comezarán o venres ás 22 horas cunha cea no campo da festa. E despois haberá verbena co DJ Pedro Bermúdez.

O sábado ás 13 horas celebrarase misa na igrexa parroquial e a continuación haberá sesión vermú grupo Fénix, que tamén actuará na verbena xunto ao DJ Pedro Bermúdez.

E o domingo terá lugar unha sesión vermú co dúo Colimbo.

O campo da festa estará cuberto con carpa.