Santo Tomé, en Lourenzá, celebra as festas de San Antonio e Santo Tomás do 19 ao 21 de setembro

A parroquia de Santo Tomé, no concello de Lourenzá celebrará as festas na honra a San Antonio e Santo Tomás desde o venres 19 ata o domingo 21 de setembro.

As actividades comezarán o venres ás 21:00 horas con pulpada e churrascada. E despois haberá verbena co dúo Ángel América e a orquestra Channel.

O sábado ás 13:30 horas celebrarase misa solemne; a continuación haberá procesión e sesión vermú co grupo Mar de Arousa, que tamén actuará na verbena, a partir das 22:30 horas xunto ao grupo Beatriz.

E o domingo ás 13:30 horas celebrarase misa solemne; e despois terá lugar a procesión e unha sesión vermú longa co grupo Master.