San Adriano

30/07/2024

A parroquia de San Adriano, en Lourenzá, celebrará as súas tradicionais festas na honra a Santa Filomena o 6, 7 e 8 de setembro. Durante 3 días, veciños e visitantes poderán gozar dunha programación variada que inclúe gastronomía, música e celebracións relixiosas.

O venres, 6 de setembro, a partir das 21:30 horas, gran pulpada e churrascada. Tamén haberá verbena a cargo das orquestras Trébol e Magos.

O sábado, 7 de setembro, ás 13:30 horas, misa solemne e sesión vermú coa orquestra Costa Dorada. Xa pola noite, estelar verbena coas actuación das orquestras Costa Dorada e Saudade.

O domingo, 8 de setembro, ás 13:30 horas, misa solemne que estará seguida pola sesión vermú, amenizada polo grupo de baile da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez, de Lourenzá, e, de seguido, a orquestra Principal...

leer más
13/06/2024

A parroquia de San Adriano, no concello de Lourenzá, celebrará a súa romaría este domingo, 16 de año.

As actividades empezarán ás 09:00 horas con misa, ás 10:00 horas haberá rogación e actuarán os Gaiteiros de Tovar. Ás 13:30 horas celebrarase outra misa e a continuación terá lugar a sesión vermú amenizada polo grupo M3, que actuará xunto ao dúo Belinda na verbena, que empezará despois da misa das 19:30 horas.

 

29/04/2024

As asociacións veciñais de Augaxosa, en Riotorto, e San Adriano, en Lourenzá, celebrarán conxuntamente a Romaría das Cruces o día 25 de maio, sábado.

O itinerario de San Adriano empezará en A Cruz ás 10:30 horas, para chegar ao Chao da Veiga, en Augaxosa ás 12:45 horas, igual que farán as persoas que participen no percorrido desde Augaxosa, que sairá ás doce do mediodía desde a igrexa de Muxueira.

Xa en Augaxosa ás 13:00 hora haberá misa, sesión vermú amenizada pola cantante Verónica Cambón e comida. Despois haberá sesión de tarde, tamén con Verónica Cambón.

19/04/2024

O sábado 27 de abril a partir das 21:30 horas celebrarase en San Adriano (Lourenzá) unha cea baile que estará amenizada pola orquestra Magos e DJ Billy.

As persoas interesadas en participar poden recoller as tarxetas ata o día 23 de abril nos seguintes establecementos: Xiraldo, Gayoso, Baos, Pipote, Galaxia, Aturuxo, Morrigan ou Torreón.

Este evento, que terá lugar na Nave de Seco, está organizado pola comisión de festas de Santa Filomena 2024.

 

 

29/08/2022

Os festexos en San Adriano comezan o 2 de setembro ás 21:30 horas cunha gran pulpada e churrascada, servida por Constante, seguida pola verbena coas orquestras Costa Dorada e Saudade.

O sábado 3, ás 13:00 horas, será a misa solemne, seguida da sesión vermú amenizada pola orquestra Pontevedra, que repite na verbena xunto con Galilea.

Xa o 4 de setembro, ás 13:00 horas, terá lugar a misa solemne e a sesión vermú, esta vez a cargo do grupo de baile Asociación Cultural Osorio Gutierrez de Lourenzá e de seguido a orquestra Solara. A xornada rematará cunha gran verbena con Solara e o Dúo EPO-K.