San Adriano, en Lourenzá, celebra unha cea baile amenizada pola orquestra Magos e DJ Billy o 27 de abril

O sábado 27 de abril a partir das 21:30 horas celebrarase en San Adriano (Lourenzá) unha cea baile que estará amenizada pola orquestra Magos e DJ Billy.

As persoas interesadas en participar poden recoller as tarxetas ata o día 23 de abril nos seguintes establecementos: Xiraldo, Gayoso, Baos, Pipote, Galaxia, Aturuxo, Morrigan ou Torreón.

Este evento, que terá lugar na Nave de Seco, está organizado pola comisión de festas de Santa Filomena 2024.