Eclipse
Desde o Concello de Ribadeo fan unha chamada á paciencia, á prudencia e ao sentido común para a observación da eclipse solar de mañá, 12 de agosto. E piden que se teñan en conta as indicacións dos servizos de Policía Local, Protección Civil, Garda Civil, empregados de Tragsa e axentes medio ambientais da Xunta de Galicia.
O xefe da Policía Local subliña e lembra as zonas de exclusión: “a pasarela do Cargadoiro e o acceso á Illa Pancha estarán pechados así como a praia das Catedrais e as súas pasarelas e os sendeiros de todo o monumento natural, que serán vixiados por persoal de Tragsa e axentes medio ambientais da Xunta. Pedimos paciencia, prudencia e moito sentido común”. E segue a relatar: “o tráfico entre a rotonda das Catedrais en Ribadeo e o restaurante A Yenka en Barreiros estará cortado a partir das 15:00 horas e non volverá a...
leer másO Concello de Xove recomenda á veciñanza que queira observar a eclipse de sol deste mércores, 12 de agosto, que se desprace a zonas seguras e habilitadas, recomendando especialmente a praia de Esteiro e a de Lago como puntos adecuados para gozar da observación. Ademais “por motivos de seguridade queda prohibido achegarse para observar a eclipse desde o Faro Roncadoiro, Punta da Mansa e os Acantilados de Papel, en Morás, debido ao perigo que presentan estes espazos, especialmente durante un acontecemento que pode atraer unha importante afluencia de persoas”, advirte o Concello, que tamén anuncia que a Deputación Provincial de Lugo doou ao Concello de Xove 487 gafas homologadas para facilitar á veciñanza a observación segura do eclipse solar que terá lugar o vindeiro mércores, 12 de agosto. O Concello foi o encargado de distribuír as gafas entre a veciñanza. As...
leer másO Concello de Trabada traslada á veciñanza información detallada sobre a eclipse solar total que terá lugar este mércores, 12 de agosto, un fenómeno astronómico excepcional que poderá observarse desde o municipio e que terá a súa fase de totalidade ao redor das 20:28 horas: segundo os datos do Observatorio Astronómico Nacional, en Trabada a eclipse comezará ás 19:31 horas, mentres que o inicio da totalidade está previsto para as 20:27:12 horas. O máximo da eclipse producirase ás 20:28:06 horas, alcanzándose nese momento o 100 % de ocultación do Sol, e a totalidade rematará ás 20:28:54 horas. A eclipse completa finalizará ás 21:21:30 horas, cunha duración total de aproximadamente 1 hora e 50 minutos, mentres que a fase de totalidade terá unha duración de 1 minuto e 46 segundos.
Para facilitar a observación deste fenómeno, o Concello de...
leer másEn la comunicación enviada a los negocios asociados esta mañana desde la entidad ribadense señalan que “el esperado eclipse solar hará que vecinos y visitantes se desplacen fuera del casco urbano durante la tarde. Por ello, es muy probable que la actividad comercial descienda notablemente en esas horas. Por eso los animamos a que, en la medida de sus posibilidades, tengan un gesto con sus trabajadores para que también puedan disfrutar de este acontecimiento único”.
El gerente de Acisa, Jesús Pérez, señalo que “recomendamos a los establecimientos comerciales que valoren adelantar el cierre al menos a las 20:00 horas siendo preferible, si la actividad lo permite, hacerlo entre las 18:30 y las 19:00 horas, con el fin de evitar los desplazamientos durante los momentos de mayor intensidad del tráfico en toda la zona. En el caso de la hostelería...
leer másEl Restaurante & Catering Los Olivos, que está junto a la playa de Navia (Asturias), cuenta en sus instalaciones con una ubicación privilegiada para observar y disfrutar el eclipse de sol en su totalidad, como destaca el astrónomo naviego Hugo García Fernández, que pertenece al Colectivo Observación Astronómica Astur (COAAST). Al darse estas condiciones, el gerente del establecimiento hosteleros, Alfonso Santiago, decidió organizar un evento único para este 12 de agosto desde las 21:30 horas con espicha especial, queimada, brujo con conjuro y sesión DJ.
Hugo García, apasionado de la astronomía desde los 14 años, explica que el restaurante “cuenta con la ubicación perfecta para la observación del eclipse, gracias a su entorno y jardines, para disfrute de los clientes que acudan al evento. Las aplicaciones, mediciones y comprobaciones...
leer másBurela inicia o mes de agosto coa vista posta na eclipse solar total que terá lugar o vindeiro 12 de agosto, xa que, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional (IGN), o municipio será un dos mellores lugares de España para observar este fenómeno, cunha duración da totalidade de preto de 1 minuto e 49 segundos.
Ante esta oportunidade, a Deputación de Lugo e o Concello de Burela desenvolverán unha programación especial para que veciños, veciñas e visitantes poidan vivir este acontecemento astronómico nas mellores condicións. A Deputación patrocina as actividades que se desenvolverán no marco de Produart e da Feira do Bonito, así como o reparto gratuíto de lentes homologadas para a observación segura da eclipse.
As lentes entregaranse durante as actividades específicas organizadas arredor da eclipse e tamén...
leer másA praia das Catedrais estará pechada o día 12 de agosto para garantir a seguridade das persoas que acudan a ver o eclipse solar. Ribadeo e Lalín seguirán este fenómeno a través de pantallas xigantes coas explicacións que ofrecerá o profesor José Ángel Docobo, que é catedrático de astronomía da USC e director do observatorio Ramón María Aller.
O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, explicou: “tivemos unha reunión coa Consellería de Medio Ambiente, concretamente coa directora de Patrimonio Natural, para coordinar todos os traballos relativos ao eclipse do vindeiro 12 de agosto. Nas Catedrais, punto de referencia e de encontro, onde tamén vai ter presenza Lalín con esa pantalla onde a explicación do profesor Docobo vai ser unha explicación do que é o eclipse e tamén das perseidas; é unha charla pedagóxica para explicar o impacto e o que significa o...
leer más










