Romaxe
O Vicedo volverá revivir a súa historia coa celebración da novena Romaxe Viquinga, que será os días 24 e 25 de xullo e foi presentada este xoves.
A deputada provincial de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou na Casa da Cultura do Vicedo na presentación da IX edición da Romaxe Viquinga 2026, que se celebrará os días 24 e 25 de xullo. Un evento que inclúe a representación do desembarco normando na praia de Area Grande, ou actuacións musicais, entre outras moitas actividades. A Deputación Provincial de Lugo colabora con este evento, así como con outras propostas turísticas, cunha achega económica de case 19.000 euros.
García Porto anunciou: “apoiamos esta cita a través do Plan Deputación. Unha ferramenta que distribuímos de xeito equilibrado e que lles permite aos...
leer másMuras celebrará o vindeiro 23 de maio a décima edición da Romaxe Artesá da Chaira, organizada polo Concello coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O programa presentouse na área recreativa da Veiga, que serve tamén de escenario para a feira de artesanía, cunha vintena de postos, e os eventos lúdicos e musicais que se programan durante a xornada. O acto contou ca presenza do alcalde de Muras; Manuel Requeijo; a tenente de alcalde, Paula Gómez; a concelleira de Servizos Sociais, Azucena Camba; o deputado provincial de Rural, Daniel García Fernández; e a artista Mercedes Peón, que porá o peche musical á Romaxe.
Manuel Requeijo lembrou os inicios da Romaxe, da man da Asociación de Obradoiros de Artesáns da Chaira, para poñer en valor os oficios tradicionais e valorou unha traxectoria da que destacou “o coidado na ...
leer másO Vicedo celebra o venres e o sábado a oitava edición da Romaxe Viquinga, que impulsa o Concello co apoio da Xunta de Galicia. A Delegación Territorial de Lugo acolleu hoxe a presentación da programación, coa participación do delegado territorial, Javier Arias; o alcalde do municipio, Jesús Novo, e o dúo Queiman e Pousa, que colabora na organización, entre outros.
O pregón da romaxe terá lugar no exterior da Casa da Cultura do Vicedo ás 20.30 horas do venres, e correrá a cargo do actor e guía turístico Suso Martínez. A actividade continuará nas rúas da localidade con música, combates e exhibicións a cargo das asociacións de recreación histórica Cabaleiros Rías Altas, Hípica Celta, Gandalf e Caballeros Bergidum Templi.
O escenario do sábado será a praia de Area Grande de San Román, que acolle os campamentos...
leer másA oitava edición da Romaxe Viquinga do Vicedo celebrarase o 26 de xullo, sábado, e foi presentada este mércores. O evento contará con espectáculos históricos, combates, música e actividades para todos os públicos.
No acto, que se desenvolveu na Casa da Cultura do municipio mariñán, o deputado provincial de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, sinalou que a Deputación de Lugo “achega máis de 20.000 euros para esta festa que recrea na praia de Area Grande o desembarco normando e a loita contra as tropas do rei Ramiro I na praia de Area Grande. A Romaxe Viquinga do Vicedo é unha homenaxe á nosa historia e á nosa identidade costeira, á nosa relación ancestral co mar, coas invasións, cos encontros e desencontros culturais que nos foron conformando como pobo. Un evento que conxuga memoria e creatividade, tradición e futuro”.
... leer másMuras prepara a IX Romaxe Artesá da Chaira,que se celebrará o vindeiro 24 de maio na área recreativa da Veiga coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O evento presentouse esta tarde nun acto en que participaron a deputada de Cultura, Iria Castro, o alcalde de Muras, Manuel Requeijo, a tenente de alcalde, Paula Gómez, a concelleira de Servizos Sociais, Azucena Camba, o artesán Marcos Ladra e Pilar Carballido Amor e Fina Carballido Amor da Asociación de Mulleres Rurais de Muras,que entregaron ao Concello unha talla do escudo de Muras.
A piques de cumprir unha década, Manuel Requeijo lembrou o impulso inicial “da Asociación de Obradoiros Artesáns da Chaira que nos propuxeron a celebración da romaxe en Muras, un concello rural, labrego e con tradición de oficios. Estaremos sempre agradecidos por traernos a idea e...
leer másNaseiro prepárase para celebrar un dos eventos máis importantes do ano, a Romaxe do Bo Xantar, declarada de interese turístico galego. A programación, que se estenderá desde o venres 23 ata o mércores 28 de agosto, inclúe unha serie de actividades para todos os públicos, destacando especialmente o Día do Polbo, o 23, que estará amenizado por unha charanga
O sábado 24 haberá misa na capela do campo da festa e procesión ás 13:30 horas e a festa continuará coa música do Grupo J.B.Son e o concerto de Los Alcántara. Xa o domingo 25 a xornada volverá a comezar con misa na capela ás 13:30 horas, seguida tamén de procesión, e a animación estará a cargo das orquestras Supertop e Platinum.
O luns 26 será a quenda da orquestra Salsarena e do Grupo Arizona, mentres que o martes 27 o Grupo Zona Zero e o Disco Móbil Conxuro...
leer másO Vicedo acollerá o venres 26 e o sábado 27 de xullo a sétima edición da Romaxe Viquinga, que foi presentada hoxe na Delegación Territorial da Xunta en Lugo. Participaron o delegado territorial, Javier Arias; o alcalde do Vicedo, Jesús Novo; os membros da compañía Queiman e Pousa, encargados dalgúns espectáculos e actuacións; e integrantes doutras institucións colaboradoras como a Deputación de Lugo.
En canto ás actividades previstas, este ano comezarán o xoves 25 cunha ruta guiada pola zona dos Moutillós para explicar a orixe da celebración. O pregón a cargo do actor Alfonso Agra será o venres ás 20,30 horas no exterior da Casa da Cultura.
A xornada grande terá lugar o sábado 27 na praia de San Román. A partir das 11,00 horas abrirán os campamentos viquingos e cristiáns e comezarán os obradoiros. Ao longo do...
leer másO deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou este mércores na presentación da VII edición da Romaxe Viquinga do Vicedo 2024, que se celebrará os días 26 e 27 de xullo. No acto, que se desenvolveu na Casa da Cultura do Vicedo, sinalou que a Deputación de Lugo achega preto de 30.000€ para esta festa que recrea na praia de Area Grande o desembarco normando e a loita contra as tropas do rei Ramiro I na praia de Area Grande.
“A Romaxe Vikinga é moito máis que unha simple representación histórica. É unha celebración da nosa identidade, unha mostra de como a nosa terra foi e segue sendo un lugar de encontro e convivencia de culturas”, sinalou Carlos López. Destacou o impacto “positivo” que esta cita ten na economía local porque “este evento atrae a visitantes de todas partes, o que se traduce en beneficios para o comercio, a hostalería...
leer másEsta fin de semana, sábado e domingo, celebrarase na Ponte de Arante a romaxe das Cruces, festa de interese turístico galego. Haberá pregón, actuacións musicais, xantar e o tradicional bandeo do pendón e a reverencia das cruces, entre outras actividades.
O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, destacou na presentación que “toda esta organización, a recreación da batalla ou xa a cuarta comida que se vén celebrando aquí, que é ese punto de encontro que fai máis grande este lugar, que se xunten todos os peregrinos en torno a un prato para degustalo e desfrutalo entre todos. E despois tamén hai esa actividade musical que é importante. Pero o domingo, que é o día grande, queremos todos recordar ese encontro das sete parroquias e o bandeo do pendón, que iso é o que nos diferenza. Realmente a festa de interese turístico autonómico é polo bandeo, é polo...
leer másMuras prepara a VIII Romaxe Artesá da Chaira, que se celebrará o vindeiro 25 de maio na área recreativa da Veiga coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O evento presentouse este mediodía nun acto en que participaron a deputada de Cultura, Iria Castro, o alcalde de Muras, Manuel Requeijo, a tenente de alcalde Paula Gómez e a concelleira de Cultura Cristina Franco, xunto á artesá Iria Pigueiras e á fotógrafa Mayder Pumiñariño.
A responsable de Cultura de Muras detallou o programa desta nova edición da Romaxe que describiu como “unha festa da artesanía e da cultura galega, que demostra o potencial da tradición como fonte de inspiración e de coñecemento para o presente e o futuro” e destacou “a aposta por unha programación para público novo e familiar, na que persoas de todas as idades atopen algo do seu interese”. Nesa...
leer más












