Romaxe
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe no Vicedo na presentación da V Romaxe Viquinga que se celebrará na praia de San Román os días 29 e 30 de xullo. Xunto co alcalde, Jesús Novo, Arias subliñou o impulso que infunde este evento ao desenvolvemento turístico do municipio pese á súa corta traxectoria.
Neste sentido, o delegado lembrou que as campañas da Xunta Camiña a Galicia e Galicia Destino Seguro “axudaron xa o pasado ano a atraer turismo, e confiamos en seguir mellorando as cifras de visitantes grazas a una oferta baseada no patrimonio natural e cultural, con destinos non masificados e propostas diferenciadas como esta romaxe”.
A romaxe comezará o sábado 30 de xullo a partir das 10,30 horas coa apertura dos campamentos, e inclúe a recreación do desembarco viquingo e da batalla,...
leer másA Romaxe das Cruces da Ponte de Arante, en Ribadeo, celebrarase o 5 de xuño. Ás 12 da mañá haberá bendición dos campos, procesión, bandeo do Pendón e Reverencia das Cruces. O acto estará amenizado polo grupo de gaitas Brisas del Eo. A continuación será a misa solemne.
Ás 13:30 horas terá lugar a sesión vermú amenizada por La Bamba.
Para as 15 horas está prevista a segunda comida da Romaxe das Cruces no campo da festa.
Ás 17:30 horas representación da batalla a cargo do bruxo Queiman e de Andrea Pousa e a continuación concerto de Luar na Lubre.
O remate da festa correrá a cargo de La Bamba.
Esta romaxe, declarada festa de interese turístico galego, está organizada pola comisión de festas de As Cruces de Arante, que conta coa...
leer másO Concello de Muras organiza, coa colaboración da Asociación Obradoiros Artesáns da Terra Cha, a quinta edición da Romaxe Artesá da Chaira, que se celebrará o 22 de maio.
O evento terá lugar na fraga de A Veiga, á beira do río Eume ao seu paso pola vila de Muras, nunha contorna de vexetación autóctona en pleno corazón do Xistral. A organización anuncia que será un pouco diferente aos anos anteriores desenvolvéndose segundo as indicacións sanitarias que cómpren.
Este encontro cultural de artesanía, música e gastronomía inclúe mostra de artesanía, demostracións en vivo, obradoiros para adultos e nen@s, charlas sobre emprendemento sostible no rural e actuacións de música, maxia e gastronomía.
O evento conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Os organizadores da Romaxe Viquinga de O Vicedo anuncian a cancelación da quinta edición desta festa que ía celebrarse os días 24 e 25 do vindeiro mes de xullo.
Dende a organización desta Romaxe comunican que “como ben saberedes, debido á pandemia que estamos a sufrir, temos o reto de acostumarnos a un novo xeito de afrontar a vida cotiá. As circunstancias actuais obrigan a cumprir protocolos en celebracións e eventos públicos, respectar aforos e, a maiores, aconsellan tomar decisións responsables coa situación económica sobrevida pola Covid-19”.
A organización da Romaxe Viquinga engade que “tendo valorado tódolos escenarios posibles e sendo consecuentes co anteriormente mencionado, vimos a anunciarvos a cancelación da V Romaxe Viquinga que se ía celebrar os días 24 e 25 de xullo. A partir de mañá afrontaremos o...
leer másA consellería de Medio Ambiente e Vivenda, Ánxeles Vázquez foi a convidada de excepción na presentación en Lugo da Romaxe Viquinga do Vicedo unha cita de recreación histórica e cultural que terá lugar os días 26 e 27 de xullo nesta localidade da costa luguesa.
Na cita tamén estiveron presentes o alcalde do Vicedo, Jesús Novo, o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro e a deputada, Pilar García Porto en representación da Deputación de Lugo, quen coa Xunta colabora neste evento. Todos coincidiron en convidar ao conxunto da provincia a achegarse esta ponte ata a localidade para gozar con este evento tan singular que rememora o que puido ser a pegada viquinga na costa lucense.
Na presentación en Lugo, que tivo lugar na praza de acceso ao edificio administrativo da ronda da Muralla, a artista Andrea Pousa e...
leer másA IV Romaxe Viquinga de O Vicedo celebrarase os días 26 e 27 de xullo, na praia de Area Grande, en San Román, que será o principal escenario.
O pregoeiro nesta edición será o actor galego Serxio Pazos, e unha das novidades do programa será o espectáculo Terras de Queimada, que terá lugar na noite do venres 26.
O apartado artístico da romaxe correrá a cargo de Enrique Domínguez e Andrea Pousa, Queiman e Pousa, que salientan que a parte do desembarco na praia será máis destacada este ano, despois de que o ano pasado fora moitísimo o público que seguiu o espectáculo desde a area. Tamén salientaron que haberá actividades durante todo o sábado 27, e agradeceron á participación dos veciños do pobo e dos Cabaleiros do Vicedo.
Previamente á celebración desta romaxe, alumnos e alumnas do CEIP DE O...
leer másO Concello lucense do Vicedo presentou na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a celebración da “Romaxe Viquinga 2018”, que terá lugar os días 27 e 28 de xullo e que xurdiu tras o descubrimento dun posible asentamento viquingo no municipio. Na presentación interviñeron o alcalde-presidente do municipio, José Jesús Novo Martínez, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro Orol, o dúo artístico Queiman e Pousa, en representación da parte artística do evento, o senador José Manuel Barreiro e o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega.
No acto presentouse a programación desta terceira edición da romaría, proxectouse un vídeo promocional con imaxes da pasada edición e Queiman e Pousa actuaron en directo con varias cancións do seu espectáculo nas que brillou a bela voz de...
leer másO programa comezará o venres coa lectura do pregón a cargo do xornalista Ernesto Sánchez Pombo, ás 19:30 horas na Casa da Cultura. Ás 19:45 horas tamén na Casa da Cultura, terá lugar a charla que ofrecerá o arqueólogo Iñaki Sagredo baixo o titulo Resultados da investigación arqueolóxica e histórica en Os Moutillós, lugar situado sobre a praia de San Román. Tamén ese día empezará a ruta das tapas polos locais do Vicedo.
O sábado, 29 de xullo, é o día principal e ás 12:30 horas terá lugar o desembarco viquingo na praia de Area Grande en San Román, e posteriormente a recreación da batalla. Ás 12:45 horas comezará o espectáculo matinal con Queiman e Pousa para escenificar a loita entre viquingos e veciños de O Vicedo. A partir das 17:00 horas haberá obradoiros para todas as idades. A xornada rematará co espectáculo de Milson´s ás 22:30 horas...
leer másO Concello do Vicedo presentou o cartel da segunda edición da Romaxe Viquinga, que se celebrará na praia de San Román o vindeiro sábado 29 de xullo. O acto de presentación, que tivo lugar na Casa da Cultura do municipio, contou coa presenza de Nava Castro Domínguez, directora de Turismo de Galicia; José Manuel Balseiro Orol, delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo; José Jesús Novo Martínez, alcalde do Vicedo; Mago Queiman e Andrea Pousa, directores artísticos do espectáculo; Iñaki Sagredo, arqueólogo; e Jesús Martínez, en representación da ACIA O Vicedo.
Na edición de 2017 a organización reforza a Romaxe Viquinga, cuxo pregón terá lugar o venres 28 de xullo a cargo do xornalista Ernesto Sánchez Pombo. Este mesmo día haberá ambientación musical polas rúas do Vicedo e os locais de hostelería ofrecerán unha ruta de tapas viquingas en...
leer más