O Concello de Muras organiza, coa colaboración da Asociación Obradoiros Artesáns da Terra Cha, a quinta edición da Romaxe Artesá da Chaira, que se celebrará o 22 de maio.
O evento terá lugar na fraga de A Veiga, á beira do río Eume ao seu paso pola vila de Muras, nunha contorna de vexetación autóctona en pleno corazón do Xistral. A organización anuncia que será un pouco diferente aos anos anteriores desenvolvéndose segundo as indicacións sanitarias que cómpren.
Este encontro cultural de artesanía, música e gastronomía inclúe mostra de artesanía, demostracións en vivo, obradoiros para adultos e nen@s, charlas sobre emprendemento sostible no rural e actuacións de música, maxia e gastronomía.
O evento conta coa colaboración da Deputación de Lugo.