Duatlón

Etiquetas:
11/04/2019
Un cento de deportistas de sete clubs lucenses participarán na final provincial de Dúatlon que se celebrará este sábado en Mondoñedo, promovida pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en colaboración co Concello.
 
O campionato acollerá a participantes das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, con saídas sucesivas, desde Viñas da Veiga, a partir das 16.30 horas. A entrega de premios está prevista para as 18.45 horas unha vez completen as probas que carreira a pé e de ciclismo habituais nesta modalidade deportiva.
 
Na final provincial confirmaron a súa participación deportistas dos clubs Cidade Lugo Fluvial, Salto do Coro de Mondoñedo, Trip-penta Terras de Lugo, San Ramón de Vilalba, San Roque de Viveiro, Escolas...
leer más
06/04/2018

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro participou na presentación do campionato provincial escolar de duatlón “Cidade de Mondoñedo” que se celebrará esta fin de semana na Cidade Episcopal e no que se agarda contar con ata 120 participantes. A cita terá lugar este sábado, a partir das 16.00 horas con percorrido entre as rúas Vilalba e Viñas da Veiga. 

Durante a presentación do campionato, estivo presente a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, o concelleiro de Deportes, Manolo Tapia, o xefe provincial do servizo de Deportes, Manuel Otero, entre outros, acompañados do delegado territorial da Xunta.

Programa xogade
Esta iniciativa forma parte do programa Xogade, impulsado pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración coas federacións deportivas...

leer más