comercio

Etiquetas:
29/10/2026

Burela acolleu este xoves a presentación da campaña que teñen en marcha a Federación de Comercio e a Deputación de Lugo para promocionar as compras no pequeno comercio. Nesta edición o reclamo é un vehículo MG3 Hybrid+, que se sorteará o 3 de decembro ante notario no Pazo de San Marcos. A campaña está a ter unha gran acollida e dende que se puxo en marcha, o 20 de outubro, xa se rexistraron para participar no sorteo máis de 7.000 boletos de compra.

A campaña foi presentada na localidade mariñá este xoves polo presidente da Federación de Comercio,  José María Seijas, e pola alcaldesa e presidenta da Deputación, Carmela López. Participaron tamén o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, a presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Burela, Eva Luaces, e concelleiros e concelleiras de Burela, entre...

leer más
Etiquetas:
20/10/2026

A Deputación de Lugo anuncia que o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e o presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas López, presentaron O Gran Sorteo do Pequeno Comercio de Lugo, unha campaña que “ten como principal atractivo o sorteo dun vehículo híbrido”. O coche, que se deu a coñecer durante o acto de presentación, sortearase o día 3 de decembro.

A campaña desenvolverase ata o 30 de novembro, co obxectivo de “incentivar o consumo nunha época especialmente complicada para o comercio minorista, unha vez rematadas as campañas da volta ao cole e antes do inicio dos grandes gastos do Nadal. Para participar os consumidores deberán realizar unha compra por un importe igual ou superior a 10 euros nun establecemento de comercio de proximidade da provincia de Lugo e rexistrar o tícket na...

leer más
Etiquetas:
11/10/2026

A campaña Viveiro conta e o seu comercio tamén puxo o seu broche de ouro cunha gran xornada de celebración na que o comercio local, a hostalaría e a participación cidadá volveron ser os grandes protagonistas, explica o Centro Comercial Histórico de Viveiro, que engade “o éxito de afluencia foi a nota máis destacada dunha xornada na que o vermuteo, a Ruleta de Premios e as actividades infantís congregaron numerosos veciños e visitantes. A Praza Maior converteuse pola tarde no epicentro da celebración, cunha praza abarrotada de público que agardaba con ilusión o momento máis esperado: o sorteo dunha viaxe a Nova York e de 2.000 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV). A gran gañadora da viaxe a Nova York foi Mónica Fernandez Chao, co número 08975. O sorteo repartiu tamén os 2.000...

leer más
Etiquetas:
17/08/2026

Acia Foz-CCA organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará os días 20, 21 e 22 de agosto. 

Durante esas xornadas Fóra Stocks 35 establecementos comerciais sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais. 

Nesta nova edición do Comercio na Rúa daranse cita 35 negocios, que son: 5 Lobiños, Aira Estudio, Alain Afflelou Foz, Ártico, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Koquetas, La Flor Abulense-2, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela Moda, Lourdes Moda Íntima, Mi Casa, OfiFoz, Pirde Moda, Sensación Surf, Surya, Thecé, Unique, Vas´s, Vas´s Outlet e Xoguetería Bahía. 

...

leer más
Etiquetas:
11/01/2026

Centos de persoas asistiron en Ribadeo á XV Festa do Comercio de Acisa. A carpa da avenida Rosalía de Castro e a propia rúa quedaron pequenas para acoller a toda a xente que non quixo perder esta tradicional cita coa que se pon o broche de ouro ao Nadal na vila ribadense. 

O acto contou coas intervencións do alcalde, Dani Vega, do director xeral de Comercio da Xunta, Gabriel Alén, e da presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, que agradeceu a fidelidade nos negocios locais demostrada coas 180.000 rifas repartidas desde o pasado 5 de decembro para este importante sorteo, que repartiu 5.000 euros en vales de compra e unha viaxe a Menorca para dúas persoas. 

O premio non presencial, dotado con 250 euros en vales de compra, foi para o 98.907, entregado en Ágora. A persoa afortunada ten ata o 30 de xaneiro para reclamar o...

leer más
Etiquetas:
18/12/2025

O Nadal é un tempo para o encontro, para a reflexión e tamén para facer balance do camiño percorrido e do que queda por diante. Desde ACISA Ribadeo, este final de ano convértese nun momento axeitado para expresar un agradecemento sincero a todas as persoas e entidades que, co seu traballo e apoio, fan posible que o tecido empresarial da nosa vila siga vivo, dinámico e con futuro.

As nosas socias e socios son o verdadeiro corazón do comercio, da hostalaría e dos servizos de Ribadeo. Detrás de cada escaparate aceso, de cada porta aberta e de cada cliente atendido hai horas de esforzo, compromiso e dedicación, pero tamén hai unha firme aposta por permanecer, por resistir e por seguir facendo vila. Ese traballo diario é o que mantén vivas as nosas rúas, crea emprego e contribúe a facer de Ribadeo unha localidade acolledora, con identidade...

leer más
Etiquetas:
01/12/2025

A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro comeza este luns, 1 de decembro, “cunha morea de actividades, concursos e sorteos. Serán 6.000 euros en premios, repartidos en 2.400 euros no calendario de advento e 3.600 euros no sorteo de 3 soldos de 1.200 euros, que este ano trae novidades.

O primeiro sorteo arranca este luns, 1 de decembro, e durará ata o día 24, co calendario de advento do comercio local, que repartirá un premio valorado en 100 euros cada día. Os clientes poderán participar subindo os tíckets de compra de calquera dos negocios asociados á APP VIVEIROCCH. Para o premio de cada día só serán válidos os tíckets dese día e o sorteo realizarase ó dia seguinte descubrindo o premio que corresponde, polo que cada día será unha sorpresa.

O Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro tamén anuncia: “o seguinte sorteo será o noso clásico de Nadal, o...

leer más
29/08/2025

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, presentaron este venres na Praza de San Marcos unha iniciativa mediante a que sortearán un total de 90 bonos, por valor de 250 euros, para facilitarlle ás familias a volta ao cole. A institución provincial investirá 50.000 euros nesta proposta que, “incentivará a compra nos pequenos negocios da provincia e aliviará a economía doméstica nun dos momentos máis delicados do ano”.

“Esta é unha aposta estratéxica do noso Goberno”, valorou o mandatario provincial. Nese sentido, explicou que o comercio representa máis do 26% do tecido empresarial da provincia e que máis de 9.400 empresas de Lugo están vinculadas a esta actividade, sendo o segundo sector económico máis numeroso tras o agrícola-gandeiro. Detallou que máis do 96% desas...

leer más
Etiquetas:
23/05/2025

En Acisa Ribadeo quedou constituída a comisión de comercio, que terá como obxectivos analizar os problemas e as vantaxes do sector comercial en Ribadeo, as actividades organizadas así como a posibilidade de unificar o calendario de aperturas e os horarios comerciais.

Forman parte da comisión como membros voluntarios Rocío Pertejo, Patricia Pérez e Susana Moreira; e como membros natos Carmen Cruzado, presidenta de Acisa; Felipe Fernández, secretario da asociación; Manoli Torviso, tesoureira de Acisa e representante do sector comercial, así como Trinidad Otero e José Ramón Leal, en representación do comercio ribadense asociado; e Jesús Pérez, xerente de Acisa.

Foi o xerente o que explicou que “a comisión é un órgano consultivo non vinculante” e que “calquera decisión ou acordo adoptados deberán ser ratificados pola...

leer más
Etiquetas:
14/01/2024

Miles de persoas seguiron o sorteo da XIII Festa do Comercio, de Acisa Ribadeo, celebrado na noite de onte nas carpas situadas na Avenida Rosalía de Castro. En xogo estaban 6.000 euros en vales de premios para gastar nos negocios locais asociados ao colectivo empresarial ribadense. 

-O 1º premio, de 2.500 euros foi para Naroa Penedo Rodríguez 
-O 2º  premio, de 1.500 euros correspondeulle a Isabel Aguado Yáñez 
-O 3º premio, de 1.000 euros foi para Rosa Mª Díaz López
-O 4º premio, de 500 euros correspondeulle a Luis Vieira Crespo
-O 5º premio, de 250 euros foi para Miguel Ángel Cima Álvarez
-E o premio non presencial, de 250 euros, foi para o número 158.296 (entregado en la Farmacia Álvarez Lebredo) 

A noite arrincou co sorteo do premio non presencial, no que entraron as 170.000...

leer más