comercio
Este sábado, 13 de outubro, terá lugar en Ribadeo o cuarto sorteo da campaña da Federación de Comercio A Mariña que está a repartir máis de 10.000 euros en premios nos oitos sorteos que se desenvolven ata o 10 de novembro. En cada localidade participante póñense en xogo 1.500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a cada Asociación de Comerciantes participante.
Pasado mañá celébrase o sorteo en Ribadeo. Será na carpa instalada no parque de San Francisco a partir das 20:30 horas. En caso de choiva o acto trasladaríase á entrada do Cine Teatro, segundo advirten desde Acisa.
Os seguintes sorteos serán en Foz o 20 de outubro e o 27 en Lourenzá. Continuarán en Xove o 3 de novembro e rematarán o 10 de novembro en O Vicedo.
As persoas interesadas en participar...
leer másO estadio Martínez Otero acollerá o vindeiro domingo, 14 de outubro, a homenaxe que o CD Foz lle renderá ao comercio de proximidade e á hostalaría local. O presidente do Centro Comercial Aberto, José Carlos Paleo, anima a asistir a este acto que terá lugar ás 16:45 horas, durante o encontro que disputarán o CD Foz e o San Tirso.
O CCA focense invitará a café a todos os asistentes a ese partido e sorteará 100 euros en vales en vales de compra para gastar nos establecementos asociados.
José Carlos Paleo sinalou que “para o comercio de proximidade é un recoñecemento moi importante que se teña en conta o esforzo que aporta a todas as actividades que axuda a financiar como festas, torneos deportivos, etc”.
O presidente do Centro Comercial Aberto lembra que “o comercio fai pobo, como di o...
leer másO Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha charla-obradoiro para a dinamización dos negocios locais que terá lugar o vindeiro martes, 9 de outubro.
A conferencia leva por título Reaviva a chama do teu negocio e será impartida pola psicóloga coach Ángeles Amor, que falará “da forza de emprender, das novas ilusións, dos novos retos, etc…”.
Esta charla-obradoiro celebrarase o 9 de outubro ás 20:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Foz. A entrada é gratuíta e poderá facerse reserva de prazas no número de teléfono 982 132 751. Desde a directiva do Centro Comercial Aberto de Foz subliñan que “está aberta ao público en xeral, sexan asociados ou non á ACIA/CCA”. Os inscritos recibirán un diploma de asistencia.
Coa organización deste evento colabora o Concello de Foz, Radio Foz...
leer másA Federación de Comercio A Mariña sorteará máis de 10.000 euros en premios na campaña de promoción do comercio local, que levará a cabo do 16 de setembro ao 3 de novembro.
A FCAM realizará un total de sete sorteos. Serán en Viveiro, Covas, Burela, Ribadeo, Foz, Lourenzá e Xove. Esta campaña para potenciar as compras no comercio tradicional destas vilas dará comezo na cidade do Landro. Este primeiro sorteo será o 22 de setembro.
O seguinte terá lugar en Covas o 29 de setembro. No mes de outubro serán en Burela, o día 6; en Ribadeo, o día 13; en Foz, o día 20; e en Lourenzá o 27 de outubro. A campaña rematará en Xove o 3 de novembro.
As persoas interesadas en participar deberán gardar os tíckets de compra nos establecementos asociados e entrarán nos sorteos de 1.500 euros en vales de...
leer másDo 20 ao 25 de agosto en Foz afonden os prezos. O Centro Comercial Aberto organiza esta nova campaña denominada En Foz afundimos os prezos. Os establecementos participantes sacarán os seus produtos á rúa con descontos moi especiais.
O presidente de ACIA/CCA, José Carlos Paleo, explica que “os locais van expoñer na rúa ducias de produtos a prezos super rebaixados, con descontos que oscilarán entre o 50 e o 80%. Queremos que na semana dos preparativos para a Festa Normanda focenses e visitantes teñan motivos dabondo para pasear polas nosas rúas, nas que atoparán todo tipo de artigos a prezos moi interesantes e especiais”.
Paleo engade que “é un xeito de facerse con produtos de tempada moi rebaixados. Foz converterase do 20 ao 25 de agosto nun gran Centro Comercial ao aire libre. Será un bo momento para ver os...
leer másAcisa Ribadeo organiza un ano máis a Noite Cálida que se celebrará o 9 de agosto. Haberá concertos na rúa, espectáculo de Os Bolechas para os máis pequenos e pequenas e os 28 comercios participantes ofrecerán interesantes descontos ata as dez da noite.
O programa de actividades dará comezo ás 20:00 horas coa saída de Os Bolechas do parque San Francisco que percorrerán as rúas peonís para diversión dos máis pequenos. Desde a directiva de Acisa subliñan que “esta actividade chega a Ribadeo grazas á colaboración da Xunta de Galicia. Substituímos así a entrega das tradicionais pulseiras flúor, por un espectáculo didáctico e divertido para os nenos e nenas”.
Durante a Noite Cálida en Ribadeo haberá diversas actuacións musicais que darán comezo ás 20:00 horas, na rúa Rosalía de Castro (esquina con Camilo Barcia Trelles...
leer másDo 22 ao 24 de xuño terá lugar en Ribadeo a segunda edición da campaña Os prezos arden, que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos e na que participan 35 establecementos. Estes locais ofrecerán interesantes promocións e descontos aos seus clientes que oscilarán entre o 10 e o 50%.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, explica que “con esta campaña o que buscamos é adiantarnos ao inicio das rebaixas de verán, para atraer ao cliente a visitar as nosas tendas, mercar artigos que estean en promoción e de paso botar unha ollada e ver os outros produtos que alí poden atopar e que lles poidan interesar. Chega o verán e é un bo momento para comprar roupa e material para ir á praia. Hai moita xente que estivo a retrasar estas compras, debido ao mal que tivemos ata o de agora. Entón este é o seu momento”.
... leer másO Centro Comercial Aberto de Foz únese á campaña Días Azuis do Comercio Galego, que terá lugar do 7 ao 21 de maio. A Federación Galega de Comercio sorteará 16.200 euros en premios repartidos en 80 tarxetas prepago de ABanca de 300 e 150 euros cada unha.
A campaña está organizada pola Federación de Comercio e pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia.
Todos aqueles consumidores que desexen participar nesta campaña o único que teñen que facer é rexistrar a súa compra en www.diasazuis.com a través de calquera dispositivo electrónico. Tamén poden pedirlle ao comerciante que lles faga a xestión en www.diasazuis.com/comercios
Trinta aniversario de ACIA/CCA
Por outra banda, xa están á...
Acisa Ribadeo ven de editar outros 10.000 rueiros e 10.000 manteis e outros tantos posavasos, que distribuirá gratuitamente estes días polos hoteis, bares e restaurantes asociados.
O presidente en funcións de Acisa Ribadeo, David Martínez, anunciou que “desde ACISA Ribadeo, co fin de dar máis promoción e publicidade aos nosos asociados, así como axudar ao sector de hostalería con material que poidan utilizar, este ano decidimos volver editar 10.000 unidades actualizadas dos nosos rueiros”.
Martínez maifestou que “ademais, como outra forma de apoiar á hostalería con material que poidan utilizar na súa actividade empresarial e aforrar custes, este ano editáronse 10.000 manteis de papel individuais e 10.000 posavasos cun deseño elegante e bonito. Tamén ten un carácter promocional xa que non só se fai publicidade da...
leer másEl Centro Comercial Histórico de Viveiro pone en marcha a lo largo del mes de marzo la campaña 30 días, 30 motivos. “Con esta campaña, queremos crear concienciación por parte de los clientes de la importancia de comprar en el comercio local. Cada día se publicará en las redes sociales de la asociación un post con un motivo, ventaja o beneficio de la compra en el comercio de proximidad”, señalan desde el CCHV.
Y añaden que “desde el CCHV llevamos años apoyando al comercio, hostelería y empresas locales. Creemos que es el motor que hace que nuestra ciudad esté llena de vida. No hay que olvidar que los comercios locales son los que sustentan gran parte de nuestra economía, y generan empleo y riqueza. Además, comprar en un pequeño comercio ofrece, en muchos casos, una serie de ventajas impensables en unas grandes superficies, desde comodidad...
leer más












