Galdo

15/04/2026

A parroquia de Galdo, no municipio de Viveiro, celebrará o día 10 de maio, domingo, unha nova edición da Feira das Maulas, “unha das citas máis singulares do calendario local, que propón un ambiente festivo, tradición e actividade arredor do mundo gandeiro e ecuestre. Ao longo de toda a xornada, veciñanza e visitantes poderán desfrutar dunha programación pensada para combinar participación, lecer e posta en valor dun evento con fonda pegada no municipio”, anuncia o Concello de Viveiro.

A feira comezará ás 9:00 horas e, desde as 10:00 ata as 13:00 horas, permanecerá aberto o prazo de inscrición para as competicións no circuíto das carreiras, ademais de realizarse a medición dos cabalos na pista. A animación musical será desde as 12:00 horas coa actuación dos Gaiteiros de Bagoas da Terra, mentres que a sesión vermú estará amenizada polo dúo...

leer más
09/04/2026

A parroquia de Galdo, no municipio de Viveiro, celebrará a segunda edición da Festa da Empanada e dos Bolos Preñados este sábado, día 11 de abril. Este evento, organizado pola Comisión de Festas de San Pantaleón, será desde as 13:00 horas na local social Escola Vella de Galdo, con entrada libre.

Haberá música desde a sesión vermú ata a noite, cos grupos Amigos do Folk, Vivarium e Os do 21, o dúo Roger & Bernard e o DJ Juanjo.

Etiquetas:
17/02/2026

A parroquia de Galdo, no municipio de Viveiro, celebrará unha festa de Entroido este sábado, día 21 de febreiro, organizada pola Asociación de Veciños Camiño de Galdo.

Este evento do Sábado de Piñata comezará ás 22:30 horas e estará amenizado polo dúo Trasnos.

A entrada é libre e haberá premios e agasallos para os mellores disfraces nas categorías individuais, parellas e grupos (de polo menos 5 compoñentes). E repartiranse lambetadas propias do Entroido.

24/12/2025

Continúa o programa Música nas parroquias, organizado polo Concello de Viveiro. Este venres, día 26 de decembro, ás 20:00 horas, na Escola Vella de Galdo actuará a orquestra Trova da Mariña, da asociación de alumnado adulto do Conservatorio de Viveiro. Esta formación musical anuncia que interpretará “temas que recorden as antigas orquestras como a Variedades. Á voz estarán Mario Vale, presidente da asociación, e Marga Insua, gañadora do Festival do Landro, ademais do recoñecido cantante da verbena galega Lolo Castro”.

31/10/2025

O colectivo Galdo Maxín anuncia un novo encontro de Galicia Latente, “un espazo aberto para compartir, reflexionar e poñer en valor o que nos define como pobo. Galicia Latente é unha iniciativa independente centrada no estudo e valorización da identidade cultural galega, tecida entre persoas, entidades e territorios que constrúen o noso porvir común.

Neste encontro falaremos da lingua, o territorio, as innovacións culturais e as testemuñas que fan viva a nosa cultura”. Será este sábado, día 1 de novembro, as 19:00 horas no bar Casa Eladio.

A duración aproximada do coloquio é 1 hora e a organización recomenda inscrición previa a través do teléfono 651.394.286.

“Colaboran Galdo Maxín, Casa Eladio, Panadería de Galdo e Os Negativos. Ao rematar, gozaremos de música tradicional e despediremos...

leer más
Etiquetas:
21/09/2025

A parroquia de Galdo, no municipio de Viveiro, celebrará as festas na honra a San Miguel desde o venres 26 ata o domingo 28 de setembro.

As actividades comezarán o venres ás 21:30 horas con degustación gratuíta de carne de porco á brasa, verbena amenizada pola orquestra Fuego e sorteo dunha macrocesta.

O sábado ás 10:00 horas empezará a Ruta Cabalar de Viveiro organizada por Cabaleiros do Landro. Ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú co grupo Elebe 2.0. Desde as 15:30 horas terá lugar un xantar popular no campo da festa, con aforo limitado (reservas ata o dia 23 de setembro). A continuación haberá baile de tarde co dúo Stylo e pola noite na verbena actuará o grupo Elebe 2.0 e a orquestra Los Satélites.

E para o domingo está programada unha...

leer más
Etiquetas:
26/07/2025

A parroquia de Galdo, no concello de Viveiro, celebra as festas de San Pantaleón e Santa María os días 27 e 28 de agosto, domingo e luns.

As actividades comezarán o domingo ás 13:00 horas con misa solemne e despois procesión coa banda de gaitas Non cho digo. Ás 14:00 horas empezará a sesión vermú coa orquestra  Solara, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Fussión.

E o luns ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. Ás 14:00 haberá sesión vermú coa orquestra Galilea, que tamén amenizará a verbena xunto a Conxuro Discomóvil. Para rematar a festa haberá queimada popular.

A organización tamén anuncia que “haberá mesas e sillas no campo da festa e amplos aparcamentos gratuítos”.

 

07/05/2025

A parroquia de Galdo, no concello de Viveiro, celebrará a tradicional Feira das Maulas, con máis de tres séculos de historia, este domingo, día 11 de maio

As actividades comezarán ás 10:00 horas coa apertura do mercado popular e feira de gando. Ás 11:00 horas empezarán as probas de andadura federada. Desde ás 14:00 horas haberá sesión vermú co grupo Dorados, que tamén amenizará o baile de tarde.

Haberá premios, de 80 euros cada un, para o maior número de cabezas de vacún e de equino.

A organización anuncia que está “permitido gando vacún, ovino e caprino con guía de ida e volta”.

04/05/2025

O colectivo Pensamento e Sementeira organiza unha foliada para o día 10 de maio, sábado, na Escola Vella de Galdo (Viveiro). O programa de actividades, que empezarán ás 18:00 horas, inclúe un obradoiro de baile tradicional, concertos e foliada aberta.

Pensamento e Sementeira explica que “o obradoiro de baile tradicional será impartido por Miguel Abad, o noso profe de baile tradicional durante este curso. Sabemos que sodes moitxs xs que levades preguntando se había prazas nas aulas para este ano e é por iso que vos ofreceremos a oportunidade de achegarvos á experiencia Sementando Puntos a partir das 18:00 horas do vindeiro 10 de maio. Logo, ás 19:30 horas comezarán os concertos de Pandereteiras María Soliña, Abril e Axeigo. E para o peche da II Foliada do Maio, a partir das 23:00 horas, teredes a oportunidade de tocar na foliada...

leer más
10/04/2025

A parroquia de Galdo, no concello de Viveiro, celebra a Festa da Empanada e dos Bolos Preñados este sábado, día 12 de abril. Será no local social (escola vella).

Este evento está organizado pola comisión organizadora das festas de San Pantaleón e Santa María de Galdo, que anuncia que “as empanadas son de bonito, bacalao e cecina con queixo. As racións serviranse entre as 14:00 e as 20:00 horas. Contaremos con actuacións musicais durante todo o día: sesión vermú ás 14:00 horas amenizada por Verónica Cambón; sesión de tarde coas actuacións de Amigos do Folk, Grupo Zerna e Grupo Alovai; e remataremos coa sesión de noite, con DJ Juanjo”.