Trova da Mariña
24/12/2025
Continúa o programa Música nas parroquias, organizado polo Concello de Viveiro. Este venres, día 26 de decembro, ás 20:00 horas, na Escola Vella de Galdo actuará a orquestra Trova da Mariña, da asociación de alumnado adulto do Conservatorio de Viveiro. Esta formación musical anuncia que interpretará “temas que recorden as antigas orquestras como a Variedades. Á voz estarán Mario Vale, presidente da asociación, e Marga Insua, gañadora do Festival do Landro, ademais do recoñecido cantante da verbena galega Lolo Castro”.



