Apalpadora
A Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea organiza a visita da Apalpadora a esa parroquia de Riotorto para o 29 de decembro, venres. Será ás 17:00 horas na Escola da Órrea e haberá chocolate.
Esta actividade, dirixida especialmente para nenas e nenos, conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
A Asociación Cultural O Pasatempo organiza a visita a Mondoñedo da Apalpadora, cun contacontos musical infantil, que terá lugar no auditorio municipal o domingo 24 de decembro ás 17:00 horas.
A entrada a esta actividade é de balde.
A Asociación de Veciñ@s de San Román do Vicedo, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza unha visita da Apalpadora para este domingo, 10 de decembro, ás 17:00 horas, na Casa da Cultura do Vicedo. É para todos os públicos con entrada de balde.
“Dende as montañas máis profundas da nosa terra chega a Apalpadora! A filla do lexendario Apalpador colle o testigo do seu pai e baixa nestas datas para visitar aos nenos e nenas galegas. Cun cesto cheo de castañas e os seus tradicionais xoguetes de madeira contaravos como é a vida na alta montaña e as súas marabillosas lendas, para transmitir valores como o respecto polo monte, o coidado do rural e a importancia dunha alimentación sa e sostible”, explican os organizadores desta actividade.
O programa de visitas da Apalpadora organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa colaboración de asociacións de nais e pais e colectivos culturais das distintas comarcas inclúe catro encontros para a primeira semana do ano.
O luns, 3 de xaneiro, a “filla do Apalpador” estará no Auditorio Municipal de Escairón, no Saviñao, ás 17.00 horas e na Casa da Cultura de Pantón, ás 20.00 horas. O martes, 4 de xaneiro, achegarase a Palas de Rei, ás 12.00 horas, na Casa da Cultura, e Mondoñedo, ás 20.00 horas, na Casa da Xuventude.
A narradora Antía Vázquez, acompañada polo músico André Espiñeira, será a encargada de presentar ás crianzas esta personaxe, cun espectáculo que mestura narración oral e música.
A programación ten como obxectivo de promover a presenza de tradicións propias na...
leer más