Coidadores
O xoves 26 de xuño ás 12 horas terá lugar na sala de conferencias do Pazo Santomé a primeira sesión da formación a coidadores, impulsada polo Centro de Saúde de Mondoñedo xunto á Consellería de Sanidade e que conta co apoio do Concello de Mondoñedo.
Sara Val Vázquez (enfermeira do Centro de Saúde de Mondoñedo) será a encargada de impartir esta formación aberta a todas as persoas que queiran asistir. O taller de formación para o coidador/-a principal achegará información sobre aspectos deste eido como son: autocoidado, hixiene, incontinencias e prevención de úlceras.
O Concello de Mondoñedo explica que Sara Val “na súa intervención estará acompañada por membros facultativos do Centro de Saúde de Mondoñedo. Esta é unha gran oportunidade para poder coñecer, de primeira man, as problemáticas dos coidadores/-as e...
leer másO Concello do Valadouro organiza desde o 9 de novembro un programa de apoio e formación para familiares que coidan dos seus maiores, denominado Coidarte.
Serán oito sesións totalmente de balde ata completar aforo (10 persoas coidadoras). Desenvolveranse os xoves de 16:00 a 18:00 horas na Casa da Cultura do Valadouro.
Os organizadores explican que os participantes adquirirán coñecementos, técnicas e habilidades coas que desenvolver e mellorar o benestar e a calidade de vida da persoa maior, sen descoidar o benestar físico, emocional e social do coidador.
Para máis información e inscricións os interesados deben dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello do Valadouro ou contactar cos teléfonos 982.57.40.00 ou 644.032.222.