O Valadouro

30/08/2026

A Xunta de Galicia anuncia que colabora coas Festas do Oito, que se celebrarán do 4 ao 7 de setembro en Ferreira do Valadouro “cun completo programa de actividades para todos os públicos”.

O delegado territorial, Alfonso Villares, participou na presentación da programación xunto con representantes da asociación cultural Ourofest, encargada da organización, e do Concello do Valadouro.

A Xunta explica que a celebración dará comezo o venres 4 de setembro ás 21:00 horas coa segunda Mexillonada popular na praza de Santa María, onde os asistentes poderán degustar estes bivalvos de xeito gratuíto, e unha cea de confraternidade, para a que é necesaria inscrición previa. Os festexos prolongaranse o luns cunha tarde dedicada especialmente aos máis pequenos coa celebración do Día do Neno, que contará con inchables, unha...

leer más
Etiquetas:
28/08/2026

O Concello de Cervo e o do Valadouro convidan á veciñanza a participar na II Xuntanza na Punta da Carretera, unha celebración que terá lugar este domingo, 30 de agosto, no espazo situado entre os concellos de Cervo e O Valadouro e que “busca favorecer o encontro e a convivencia entre os veciños e veciñas de ambos municipios”.

A programación arrancará ás 13:30 horas cunha sesión vermú amenizada polo dúo Eclipse, á que seguirá, ás 14:30 horas, unha comida campestre cun menú de 20 euros que inclúe empanada, churrasco, chourizo, sobremesa, café, pan, viño e auga. Xa pola tarde, ás 18:00 horas, continuará a festa cunha nova sesión musical do dúo Eclipse, “garantindo ambiente festivo durante toda a xornada”.

Desde o Concello de Cervo destacan “a importancia de manter e impulsar este tipo de encontros, que permiten...

leer más
Etiquetas:
25/08/2026

O Concello do Valadouro anuncia que organiza entre o 29 de agosto e o 3 de setembro “seis noites para gozar do teatro amador, do humor e das historias dos nosos grupos”. Serán todos os días ás 22:00 horas e con entrada de balde no salón de actos do Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo. A apertura de portas no local será 20 minutos antes de cada función.

Este sábado, día 29 de agosto o grupo Os Pícaros de Lagoa (Alfoz) representará a obra titulada Da taberna ao consultorio e da cociña ao purgatorio. O domingo 30 O Centiño, de San Martiño (Foz), escenificará O Autobús…. O luns 31 A Adala (Fazouro) ofrecerá a obra Ai, Señor, Señor.... o martes 1 de setembro Ollomao (Barreiros) representará Dona Clara. O mércores 2 Pico do Castro (Foz), con Cousas de vellos. O xoves 3...

leer más
13/08/2026

Este venres, día 14 de agosto, ás 20:00 horas, terá lugar en Ferreira do Valadouro a presentación do libro titulado Espiritualidad.

Estará presente no acto o autor coordinador da obra, Pepe Peinó, que explica que esta publicación é “unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferentes orientacións relixiosas”

A presentación será no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro.

05/08/2026

Este venres, día 7 de agosto, ás 20:00 horas celebrarase o I Festival Homenaxe aos Músicos do Val no parque Concepción Arenal, de Ferreira do Valadouro.

É un evento organizado pola asociación Ó Compás do Río Ouro, que anuncia: “será moi especial dado que contamos con moitas colaboracións musicais e artísticas percorrendo a historia musical do noso val. Entre moitos contamos con: Miro Casabella, Pablo Peláez & Juan Clemente Novo, o Dúo Hameenlinna (Blanca López Rubal & Raúl Saiz), músicos de orquestras como Los Mejoranos e Arcadio Nueva Ola (Luis Río, Antonio Mandiá, Juan Carlos García, Luis Fernández, Alfonso Maseda, Lino Rico, Eladio Bermúdez e José Eduardo Canoura), Edmundo Maseda, membros de gaita e percusión de Porto D'Ouro (Luis Miguel & compañía), as pandereteiras Medianas de Amadolar e, como non, a nosa Banda de Música...

leer más
Etiquetas:
22/07/2026

O primeiro Festival de Bandas organizado pola asociación cultural Ó compás do río Ouro celebrarase en Ferreira do Valadouro este domingo, 26 de xullo. Será ás 20:00 horas na praza Concepción Arenal.

“Este domingo celebramos o I Festival de Bandas de música no Valadouro. Estarán con nós a Banda Municipal de Música de Guitiriz e a Banda de Música de Foz. É todo un pracer contar con estas dúas bandas que teñen unha longa traxectoria e soan de luxo”, anuncia a asociación Ó compás do río Ouro.

 

22/06/2026

A asociación cultural Ao Compás do Río Ouro organiza unha sardiñada de San Xoán este martes, día 23 de xuño, en Ferreira do Valadouro. Será na explanada do antigo matadoiro a partir das 21:30 horas. 

“Tendes unha cita para disfrutar dunha noite máxica. Haberá sardiñas asadas acompañadas de pan, cachelo, empanada de bonito, postre, auga e viño, de balde. E para botar as meigas fóra, queimada e moita música co DJ Conxuro”, anuncia o colectivo Ao Compás do Río Ouro.

Etiquetas:
22/06/2026

A parroquia de Alaxe, no municipio do Valadouro, está de festas os día 23 e 24 de xuño, martes e mércores.

O martes haberá cea popular e actuarán o grupo Montreal e a famosa cantante Pili Pampín.

E o mércores celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e despois haberá sesión vermú amenizada polo dúo Son do Val, que tamén ofrecerá unha sesión de tarde desde as 18:00 horas.

02/05/2026

O día 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 19:00 horas o Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) presentará o caderno titulado Cancioneiro do Valadouro. Será na Casa da Cultura Manuel Lourenzo.

O SEVA anuncia que será “un encontro único arredor da nosa tradición oral e música popular con recompilación de coplas e pezas recollidas a xentes do Valadouro. Unha cita imprescindible para gozar, lembrar e manter viva a nosa cultura e tradición!”.

01/05/2026

A parroquia de Santa Cruz, no municipio de O Valadouro, celebrará as súas festas patronais este domingo, día 3 de maio.

As actividades comezarán con misa solemne ás 13:00 horas e despois haberá procesión e sesión vermú coa orquestra Principal, que tamén amenizará o tardeo desde as 20:00 horas e con colchonetas gratis para os nenos e nenas.