
O Cadramón, no municipio do Valadouro, celebrará as súas festas patronais na honra a San Xorxe e San Cosme do venres 25 ao domingo 27 de setembro. Serán na explanada a carón da igrexa de San Xorxe e contarán coa actuación da orquestra Acordes.
As actividades comezarán o venres cunha churrascada e a continuación haberá verbena amenizada pola orquestra Acordes.
O sábado ás 13:30 horas celebrarase misa solemne con procesión e vermú coa orquestra Escaparate, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Galia.
E o domingo ás 13.15 horas farase a bendición do gando e a continuación misa solemne con procesión e sesión vermú co dúo La Hora Bruja.


