O Cadramón

11/06/2024

A parroquia do Cadramón, no Valadouro, celebrará a súa festa na honra de Santa Filomena este sábado, día 15 de xuño.

As actividades empezarán ás 12:30 horas con misa solemne na capela, seguida de procesión e sesión vermú co dúo Estrellas. Despois haberá un xantar popular e como sobremesa, ás 18:30 horas,  concerto de música tradicional co grupo Fol do Raxal, actuación subvencionada dentro do programa Tradigalu 2024, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. E a partir das 20:00 horas será a verbena de tarde/noite cos dúos Estrellas e D' Cache.

O campo da festa estará cuberto con carpa.

A organización corre a cargo da asociación de veciños Santa Filomena, do Cadramón.