O Cadramón, no Valadouro, celebra as festas de Santa Filomena o 7 de xuño

A parroquia do Cadramón, non concello do Valadouro celebrará as festas na honra de Santa Filomena o día 7 de xuño, sábado.

As actividades comezarán ás 12:30 horas con misa solemne na capela seguida de procesión. Despois haberá sesión vermú co dúo Venús, que tamén actuará na verbena, desde as 20:30 horas.

Estas festas están organizadas pola asociación veciñal Santa Filomena do Cadramón, que anuncia: “o próximo 7 de xuño agardámosvos no Cadramón para celebrar a festa de Santa Filomena. Haberá a posibilidade de quedarse a comer no campo da festa, sempre e cando se faga reserva previa. As prazas son limitadas e poden facerse as reservas ata o 2 de xuño. Recinto cuberto con carpa. Contaremos coa actuación de dúo Venus, para a sesión vermú e a verbena á noitiña; e Fol do Raxal, de Cervo, que poñerá o son tradicional na sobremesa, actuación subvencionada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo”.