Convive

Etiquetas:
01/04/2026

O Concello de Barreiros, en colaboración coa Área de Mocidade da Deputación de Lugo, participa na posta en marcha do programa ConVive, promovido por APNED, con sede en Barreiros. “Trátase dun programa de ocio inclusivo que ofrece actividades lúdicas e saídas culturais dirixidas a nenos e nenas, favorecendo espazos de convivencia, participación e igualdade de oportunidades. 8 actividades gratuítas ao longo do ano, en fins de semana e períodos vacacionais”, explica o Concello de Barreiros, que tamén anuncia que a primeira será unha excursión ao Parque de La Vida, en Luarca (Asturias), que será o día 11 de abril.

As prazas son limitadas (por orde de inscrición) e as persoas que obteñan praza recibirán a confirmación e a documentación necesaria para formalizar a súa participación.