Festas de San Xorxe e San Cosme no Cadramón, no Valadouro, do 27 ao 29 de setembro

O Cadramón, en O Valadouro, celebra as súas festas na honra a San Xorxe e San Cosme, os días 27, 28 e 29 deste mes de setembro.

O venres 27 ás 13:15 horas será a bendición seguida de misa solemne e sesión vermú con Tania Veiras y los Cumbiapop. Pola noite haberá unha gran churrascada tamén amenizada por Tania Veiras y los Cumbiapop. A venda de tíckets será desde as 21:00 ata as 23:00 horas.

O sábado 28 ás 13:30 horas dará comezo a misa solemne que rematará con procesión e despois sesión vermú con JB Son, que tamén actuará na verbena xunto a Finisterre.

O domingo 29 ás 13:30 horas celebrarase a misa solemne seguida de procesión e sesión vermú co Dúo Belinda. O campo estará cuberto con carpa.

O Concello de O Valadouro colabora coa organización destes festexos.