Foliada do Maio
O Colectivo Pensamento e Sementeira organiza a terceira edición da súa Foliada do Maio, que se celebrará este sábado, día 9 de maio, na Escola Vella de Galdo, no municipio de Viveiro.
A xornada comezará ás 18:00 horas co obradoiro de baile TradInclusivo, impartido por Cris Canosa. “Un espazo aberto a todas as persoas que queiran iniciarse no baile tradicional, cun enfoque inclusivo e accesible, pensado para garantir a participación de persoas con diversidade funcional. É unha actividade gratuíta con prazas limitadas”, anuncia Pensamento e Sementeira, que engade: “despois do obradoiro... chega a festa! Poñeremos en práctica o aprendido nos concertos da foliada. Nesta edición contaremos cos seguintes grupos: Pandeireteiras da Sementeira, Xaora, A Requinta de Lampai e Lina e Lola. E cando rematen os concertos… foliada aberta!”.
O colectivo Pensamento e Sementeira organiza unha foliada para o día 10 de maio, sábado, na Escola Vella de Galdo (Viveiro). O programa de actividades, que empezarán ás 18:00 horas, inclúe un obradoiro de baile tradicional, concertos e foliada aberta.
Pensamento e Sementeira explica que “o obradoiro de baile tradicional será impartido por Miguel Abad, o noso profe de baile tradicional durante este curso. Sabemos que sodes moitxs xs que levades preguntando se había prazas nas aulas para este ano e é por iso que vos ofreceremos a oportunidade de achegarvos á experiencia Sementando Puntos a partir das 18:00 horas do vindeiro 10 de maio. Logo, ás 19:30 horas comezarán os concertos de Pandereteiras María Soliña, Abril e Axeigo. E para o peche da II Foliada do Maio, a partir das 23:00 horas, teredes a oportunidade de tocar na foliada...
leer más




