Ludiseráns

21/07/2025

O Concello de Trabada anuncia que este martes, día 22 de xullo, abre o prazo de inscrición para os programas de conciliación Madrugadores e Ludiseráns, que se desenvolverán ao longo de todo o curso escolar 2025-2026, “co obxectivo de facilitar a organización da vida familiar e laboral das familias do municipio”. As persoas interesadas poderán formalizar a súa solicitude ata o día 20 de agosto.

O programa Madrugadores funcionará entre as 8:00 e as 9:30 horas, permitindo que os nenos e nenas poidan chegar ao colexio con antelación ao inicio das clases. Pola súa banda o programa Ludiseráns desenvolverase en horario de 15:30 a 19:00 horas, unha vez finalizada a xornada lectiva.

Ambas iniciativas estarán dispoñibles desde o primeiro ata o último día lectivo do curso escolar e están dirixidas ao alumnado do colexio de...

leer más