Compostaxe
Técnicos especialistas en medio ambiente formarán aos inscritos no programa de compostaxe domiciliaria municipal de Barreiros. O día 21 de outubro, martes, realizarase unha charla nas Escolas de San Cosme (ao lado do Concello) ás 19:00 horas. Nestas xuntanzas tamén se entregarán ás persoas participantes os kits de compostaxe compostos por un composteiro, cun caldeiro doméstico, un aireador, un termómetro, unha criba e unha guía de compostaxe.
O Concello de Barreiros explica que “esta iniciativa, que se desenvolve co obxectivo de promover a reciclaxe en orixe dos biorresiduos entre a veciñanza, conta co financiamento da Xunta de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, a través da Unión Europea NextGenerationEU e do propio Concello de Barreiros. Os veciños e veciñas que non se inscribiran e aínda estean...
leer másO Concello de Ribadeo informará sobre a compostaxe doméstica. Será nunha carpa que estará instalada de 10:00 a 13:00 horas no mercado dos domingos o día 29 de xuño e no mercado dos mércores o 2 de xullo.
Desde a Concellería de Medio Ambiente explican: “no Concello de Ribadeo contaremos con 70 composteiros para entregar ás persoas interesadas. Queremos formar á veciñanza e tamén facer seguimento do seu uso e ofrecerlles asesoramento”. E engaden: “as veciñas e os veciños de Ribadeo que precisen máis información poden dirixirse á Área de Medio Ambiente do Concello, chamando por teléfono ao 982 120 701 ou ao correo medioambiente@ribadeo.gal”.
O Concello de Foz xestiona con Sogama o reparto de 30 composteiros de uso doméstico, que serán entregados nunha charla informativa organizada para o día 17 deste mes, martes, no salón de actos do Cenima.
O Concello de Foz está a xestionar con SOGAMA a entrega de 30 composteiros de uso doméstico, que pon a disposición daquelas persoas interesadas en participar no programa promovido pola empresa pública e que ten por obxecto estender as prácticas de autocompostaxe a distintas vivendas unifamiliares de cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo, minorando a cantidade de residuos depositada nos colectores xenéricos e contribuíndo a minimizar o excesivo uso de fertilizantes químicos mediante a obtención de compost orgánico.
Está aberta a lista para anotarse para a entrega de composteiros no teléfono 982.133.159...
leer más





