100 aniversario
A Casa da Cultura de Burela acollerá unha exposición para conmemorar o 100 aniversario das súas Escolas Vellas. Co título “O legado dos nosos emigrantes”, poderá visitarse desde este mércores, 18 de setembro, ata o 18 de outubro de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas. Trátase da mostra itinerante Microespazo Mupega, do Museo Pedagóxico de Galicia, que recrea unha aula do pasado, coas súas dotacións de mobiliario e material didáctico.
Ademais haberá unha charla divulgativa sobre o 100 aniversario das Escolas Vellas de Burela. Será o 25 de setembro, mércores, ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura. Participarán o catedrático de Historia da Educación Antón Costa Rico; o concelleiro de Educación en Burela, Mario Pillado Mon; e a presidenta da asociación de veciños O Vencello, Brixida Pino Lestao.
Estas...
leer más