Comida
Vilaframil celebrará a súa primeira Comida de Confraternidade este sábado, día 11 de abril, organizada pola asociación de veciñal desta parroquia do municipio de Ribadeo.
As actividades comezarán ás 13:30 horas cunha sesión vermú amenizada por Ángel América, que tamén actuará no tardeo xunto ao grupo ribadense En faldas y a lo loco. Haberá bar e recinto cuberto con carpa.
A reserva de tiques para participar pode facerse ata este mércores, 8 de abril, no teléfono da asociación (636.91.16.42), en Mayva estética ou no Bar Stop.
O Concello de Viveiro organizará o sábado 7 de marzo unha comida con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area.
A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, “está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M”, explica o Concello de Viveiro. O prezo do xantar é de 50 euros e as mulleres interesadas en participar poden recoller a súa entrada a partir deste mércores, 5 de febreiro, no propio Restaurante Louzao.
O Concello de Viveiro anuncia tamén que publicará nos vindeiros días a programación completa con motivo do 8M.
O día 22 de febreiro, domingo, haberá unha comida de cocido galego con baile no Centro Social de Cangas de Foz.
As actividades comezarán ás 13:00 horas cunha misa na igrexa parroquial, na que actuará o grupo Acordeonistas da Mariña.
A comida será ás 14:30 horas no centro social e estará amenizada polo dúo Epo-K.
La comisión de las fiestas del Carmen de O Vicedo organiza una comida popular para el día 31 de enero, sábado.
Las actividades del evento empezarán a las 13:30 horas con sesión vermú a cargo del dúo Caramelo. A continuación habrá la comida popular, que incluye sopa, cocido, bebida, pan, postre, café y chupito. Para participar hay que apuntarse antes del 26 de enero. Después de la comida habrá verbena amenizada por el dúo Caramelo.
La organización destaca que dispondrán de carpa climatizada.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá celebra a súa comida de Nadal o sábado 20 de decembro
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá celebra a súa comida de Nadal o día 20 de decembro, sábado, na Casa da Penela, en Vilamor (Mondoñedo). Será ás 14:30 horas, despois da asemblea xeral ordinaria de socios, que está fixada para as 11:30 horas en primeira convocatoria e para media hora despois en segunda, no salón de actos do Concello de Lourenzá.
O prezo da comida é de 28 euros e para participar anota Lupe a través do teléfono 619.37.80.29 e o prazo para inscribirse está aberto ata o mércores 17 de decembro.
O Concello de Riotorto organiza unha comida de Nadal para o día 17 de decembro, mércores, ás 14:30 horas na Casa da Cultura. O prezo é de 25 euros por persoa.
Este evento estará amenizado coa música do dúo Dilema.
A Fundación Eu Son e a Asociación Apertas, dedicadas á Protección de Persoas con Discapacidade Intelectual en Burela, organizan unha comida solidaria este domingo, día 28 de setembro. Será no Pavillón dos Institutos, que está na rúa do Ril, desde as 14:30 horas.
Este evento estará animado por Eventec Discomóvil.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá celebrará o Día do Socio cunha ruta e comida o día 2 de agosto, sábado.
A ruta será desde Campo do Oso ata a Capela de San Xosé, en Oural. A distancia a percorrer son 12 quilómetros e a dificultade é baixa.
A saída será ás 09:00 horas desde o recinto feiral de Vilanova de Lourenzá, onde tamén se celebrará a comida, a partir das 14:00 horas.
As inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 30 de xullo. O prezo é de 10 euros para os socios do colectivo organizador e de 20 euros para os que non o son.
O Concello de Riotorto organiza unha comida baile para o día 18 de xuño, mércores ás 14:30 horas.
O menú está composto por: paella mixta, costela asada con patacas e ensalada, postre, café, chupito e bebidas. E a música correrá a cargo do trío Merengue.
Para participar hai que apuntarse nos centros veciñais ou no Concello antes do 15 de xuño.
A Asociación do Barrio dos Muíños, de Mondoñedo, celebra unha comida popular este sábado, día 24 de maio.
Ás 14:00 horas haberá sesión vermú e o xantar comezará ás 15 horas. A música correrá a cargo de Discomóvil Eventec. As entradas están a venda na Taberna do Valeco.












