Fillas de María
A Festa das Flores, tamén coñecida como Festa das Fillas de María, vaise celebrar este sábado, día 17 de maio, no concello de Xove, coincidindo co Día das Letras Galegas. Na presentación do cartel participou o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, acompañado das concelleiras Dolores, Cristina e Tamara e dos membros da Comisión de festas Benigno, Carlos, Borja e Dalmacio. O Concello invita “a veciños/as e visitantes a disfrutar deste día de alegría e todos/as vestidos de branco”.
As actividades comezarán ás 10:30 horas coa apertura do mercado tradicional. Ás 11:30 horas haberá pasacalles coa AC Saíñas e a charanga NBA e demostración oficios tradicionais. Ás 13:00 celebrarase misa con ofrenda floral á Virxe e despois sesión vermú co grupo Fénix. A partir das 17:00 horas haberá inchables; de 17:00 a 18:30, obradoiro de cerámica; e de 18:00 a...
leer másXove celebrará a Festa das Flores Fillas de María este sábado, día 17 de maio.
As actividades comezarán ás 10:30 horas coa apertura do mercado tradicional. Ás 11:30 horas haberá pasacalles coa AC Saíñas e a charanga NBA e demostración oficios tradicionais. Ás 13:00h celebrarase misa con ofrenda floral á Virxe e despois sesión vermú co grupo Fénix. A partir das 17:00 horas haberá inchables; de 17:00 a 18:30 horas, obradoiro de cerámica; de 18:00 a 19:00, espectáculo do mago Karrolo. Ademais actuará o grupo Xoaniñas, de Saíñas, e a partir das 22:00 horas, verbena co grupo Fénix e Discomóbil Conxuro. Tamén haberá queimada popular e obradoiros de mañá e tarde para nenos sobre as flores.
Esta festa está organizada polo Concello de Xove e a Asociación de Festexos Montevelle.