Xove celebra a Festa das Flores Fillas de María este sábado, 17 de maio

Xove celebrará a Festa das Flores Fillas de María este sábado, día 17 de maio.

As actividades comezarán ás 10:30 horas coa apertura do mercado tradicional. Ás 11:30 horas haberá pasacalles coa AC Saíñas e a charanga NBA e demostración oficios tradicionais. Ás 13:00h celebrarase misa con ofrenda floral á Virxe e despois sesión vermú co grupo Fénix. A partir das 17:00 horas haberá inchables; de 17:00 a 18:30 horas, obradoiro de cerámica; de 18:00 a 19:00, espectáculo do mago Karrolo. Ademais actuará o grupo Xoaniñas, de Saíñas, e a partir das 22:00 horas, verbena co grupo Fénix e Discomóbil Conxuro. Tamén haberá queimada popular e obradoiros de mañá e tarde para nenos sobre as flores.

Esta festa está organizada polo Concello de Xove e a Asociación de Festexos Montevelle.