venres
O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a participar na proposta culinaria da hostalería de Cervo e Sargadelos que volve esta semana baixo o título Ruta Venres de Petiscos, coa participación do Caseto de Copa, a Pousada O Almacén, a Taberna de Sargadelos e o café-bar cultura A Sacabeira.
A nova edición foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, a concelleira, Mali Méndez, e polos representantes dos establecementos participantes.
As tapas serviranse a un prezo de 2,50 euros e haberá un sorteo mensual dunha cea en cada local, entre as papeletas seladas cada semana nos catro establecementos.
Para este primeiro venres as propostas son as seguintes:
* Caseto de Copa, Spaguitti “frutti di mare”
* Pousada O Almacén, Hutspot
* A Taberna de...
Os Pícaros de Lagoa representarán o 17 de febreiro na Casa da Cultura de Alfoz "Menciñeiro á forza".
O vIndeiro 17 de febreiro ás 21:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz terá lugar a interpretación da obra "Menciñeiro á forza" a cargo da Asociación grupo de teatro Os Pícaros de Lagoa.
A obra escollida é unha coñecida adaptación elaborada nos anos 60 polo escritor chairego Xosé Manuel Carballo. Trátase dun texto baseado na famosa comedia de Molière "O enfermo imaxinario".
Este venres, 23 de setembro, o salón de actos do Cenima acolle unha conferencia do último membro vivo da guerrilla antifranquista galega, Francisco Martínez (Quico). O acto, organizado pola asociación A Pomba do Arco, comezará ás 20:30 horas e o guerrilleiro estará acompañado pola historiadora Odette Martínez. No mesmo farase un percorrido pola historia da loita guerrilleira na Mariña e na Galiza así como polos máis de 10 anos de loita clandestina de Quico, anuncian os organizadores.
Francisco Martínez (Cabañas Raras, 1925) uniuse á actividade guerrilleira en 1940, na súa condición de enlace. Nestes primeiras, Quico formou parte como o resto da súa familia da coñecida como guerrilla de chan, a estrutura que posibilitou como rede de apoio aos guerrilleiros a loita contra o fascismo. A este respecto, lembra que “o pobo axudou porque había...
leer másO Concello de Foz organiza unha homenaxe aos profesionais esenciais durante a pandemia. Será mañá, venres, ás oito da tarde no Campo da Cabana, concretamente na praza Rosalía de Castro.
O acto, promovido pola Concellería de Relacións Institucionais e Axenda2030, consistirá no descubrimento dun monólito en tributo aos profesionais esenciais na pandemia. Estarán sanitarios, persoal de asistencias, membros das forzas e corpos de seguridade do Estado, Policía Local, Protección Civil e traballadores de supermercados e de industrias esenciais.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, pronunciará unhas palabras e haberá tamén unha peza musical interpretada con gaita galega “para recordar o importante que foi pasar xuntos e unidos como sociedade esa época tan complicada e que vai marcar un antes e un despois nas vivencias da Mariña...
leer másO dúo artístico Aldoalado, formado por Lucía Aldao e María Lado, presentan este venres, día 23, en Foz a Epístola de Aldaolado ás neofalantes. Será ás 20:00 horas na Sala Bahía.
O prezo das entradas é de 5 euros e hai que reservalas previamente chamando ao teléfono 982.140.027 extensión 3.
O dúo artístico Aldaolado está composto por Lucía Aldao e María Lado, dúas poetas galegas de consolidada carreira, que no ano 2005 decidiron unir os seus nomes e os seus esforzos creativos para dar lugar a esta proposta. Aldaolado é un proxecto artístico orientado á poesía escénica, co que conseguiron facer do recital un acto atractivo, próximo e divertido para todo tipo de público, mesmo para aquel que nunca leu poesía. A súa espontaneidade e complicidade en directo é a base sobre a que crearon case unha ducia de espectáculos...
leer másAta o venres, día 28, ás 12 do mediodía seguen á venda anticipada as entradas para asistir ao espectáculo de Rafael Álvarez “El Brujo”. O concelleiro de Cultura, José Díaz, asegura que “la venta va a buen ritmo. Animo a la gente a que se de prisa para conseguir sus entradas. En Burela tendremos la oportunidad única de ver en vivo a uno de los grandes del teatro de este país”.
O edil socialista lembra que “es un actor conocido por todos, productor y director teatral con una carrera a sus espaldas enorme, consolidadísimo, un hombre muy valorado en el mundo de la cultura a nivel nacional y para nosotros es un orgullo que haya aceptado actuar aquí en Burela”.
O prezo das entradas en venda anticipada é de 13 euros.