OMI
O Observatorio da Mariña pola Igualdade (OMI) organiza a xornada titulada A voz do mar: mulleres traballadoras no sector pesqueiro. Será este sábado, día 21 de marzo, ás 19:00 horas no Salón de Conferencias de Burela. Interveñen no evento Sandra Amezaga (coordinadora xeral de Mulleres Salgadas); Susana Riveira (ex traballadora do sector da conserva); Begoña Pernas, (presidenta da cooperativa de estibadoras O Cantiño); e a Presidenta da Asociación de Redeiras de Burela, María del Mar Febrero.
Colabora co OMI o Concello de Burela, “para dar visibilidade á situación laboral das mulleres que traballan no sector pesqueiro e onde, a través das súas voces e das súas experiencias, poderemos mergullarnos na realidade que viven a cotío nos seus postos de traballo. A realidade do mar e das mulleres que o traballan é precaria e invisible en moitas ocasións, por iso é prioritario...
leer más



