Vilapena

Etiquetas:
04/02/2026

O Concello de Trabada organiza o I Encontro de Cestería da Vilapena, que se celebrará o domingo 22 de marzo.

“Trátase dunha xornada pensada para poñer en valor a artesanía tradicional e recoñecer o labor das persoas que mantiveron vivo este oficio ao longo do tempo. O encontro desenvolverase ao longo de todo o día cun amplo programa de actividades. Entre as 11:00 e as 13:00 horas terá lugar un obradoiro de cestería, con inscrición previa no Concello de Trabada ou no teléfono 982 13 50 11. Ademais, haberá demostracións de cestería a cargo de Lola Tourón, Asunción Trigo e José M. Ginzo, referentes neste oficio artesanal. Ás 12:30 horas está prevista a actuación da Asociación Amigos da Gaita Galega, e ás 13:00 horas celebrarase un acto de homenaxe a Jorge da Vilapena, un dos últimos cesteiros da parroquia e protagonista do cartel desta...

leer más
Etiquetas:
31/07/2025

O Concello de Trabada anuncia que continúa “apoiando a organización de eventos que dinamizan o municipio e contribúen a manter viva a tradición nas diferentes parroquias. Esta fin de semana, os lugares de Trabadela (na parroquia de Sante) e Vilapena serán escenario de celebracións con gastronomía, música e actividades para todos os públicos”.

O Concello de Trabada especifica que “en Trabadela o venres 1 de agosto ás 21:00 horas terá lugar unha gran churrascada popular servida por Catering Sarredo, con empanada, xamón cocido, churrasco de porco, criollo, patacas, bebida, postre e café. O prezo é de 27 euros para adultos e 15 euros para nenos/as de 3 a 10 anos. A partir das 23:00 horas a festa continuará cunha verbena con discoteca móbil a cargo de SP The Sound Project”.

“En Vilapena o venres 1 de agosto ás 21:30 horas comezarán as...

leer más