piscina municipal
O Concello de Cervo abrirá este venres, día 4 de setembro, o prazo de inscrición para os cursos da piscina municipal correspondentes á nova tempada 2026-2027. A programación inclúe cursos de natación tanto para público infantil como adulto, con diferentes grupos organizados en función do nivel de natación, “co obxectivo de adaptar as clases ás necesidades e características das persoas participantes. Ademais, tamén se impartirán clases de Aquagym”.
As fichas de inscrición deberán realizarse de forma presencial na piscina municipal, onde tamén se facilitará toda a información relativa aos grupos, horarios e funcionamento dos cursos.
O criterio de admisión establecerase en función da orde de entrega da documentación, tendo preferencia as persoas empadroadas no concello de Cervo.
Desde o...
leer másA Piscina Municipal de Viveiro pon en marcha novas actividades de TRX e adestramento de forza, pensadas para mellorar a forma física e o benestar xeral. O Concello de Viveiro anuncia que haberá sesións de proba gratuítas os días 27, 28, 29 e 30 de abril ás 08:15 horas e o inicio dos grupos será no mes de maio. E explica que son actividades dirixidas a traballar a forza, a estabilidade e a saúde.
Para máis información e inscricións as persoas interesadas deben ir ás instalacións da piscina municipal.
A Piscina Municipal de Viveiro porá en marcha novos cursos a partir do 16 de marzo, co obxectivo de “ampliar a oferta de actividade física e promover hábitos saudables entre a veciñanza”. Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas.
A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta, anuncia o Concello de Viveiro.
As saunas da piscina olímpica municipal de Cervo reabrirán o día 7 de outubro, martes.
O Concello de Cervo anuncia: “a partir do martes 7 de outubro xa poderás gozar novamente das saunas da nosa piscina olímpica municipal. Ven relaxarte e desfrutar dun espazo pensado para o teu benestar!”.
O horario de uso das saunas e os martes e os xoves de 10:00 a 15:00 e de 16:00 a 21:00 horas.
O Concello de Cervo explica que é obrigatorio informar na recepción da instalación cando se vaia facer uso da sauna.
O concello de Cervo será escenario este verán de tres campus deportivos organizados pola Federación Galega de Natación (FEGAN), en colaboración co propio Concello. As actividades desenvolveranse na piscina municipal e estarán dirixidas a nenos e nenas federados interesados en mellorar as súas habilidades nas disciplinas de natación, natación artística e waterpolo. O calendario dos campus será o seguinte: de waterpolo, do 30 de xuño ao 5 de xullo; de natación, do 7 ao 12 de xullo; e de natación artística, do 14 ao 19 de xullo.
O campus de natación artística está destinado a rapaces e rapazas nados nos anos 2010, 2011, 2012 e 2013, mentres que os campus de natación e waterpolo están dirixidos aos nados entre 2011 e 2014.
Durante a presentación dos campus, na que estiveron presentes a rexedora municipal de Cervo,...
leer másO Concello de Viveiro oferta nos meses de xullo e agosto unha ampla variedade de actividades na piscina municipal dirixidas tanto a adultos como a nenos e nenas.
Dunha banda,ofrécense cursos intensivos de iniciación á natación para nenos e nenas nados entre os anos 2015 e 2019. As sesión serán os luns, mércores e venres, ás 10.30 horas para a rapazada nada nos anos 2015, 2016 e 2017; e ás 11.30 horas para aqueles nados nos anos 2018 e 2019.
Os cursos desenvolveranse do 8 ao 24 de xullo e do 29 de xullo ao 14 de agosto. O prezo será de 10 euros para persoas aboadas á piscina e de 20 euros para non aboadas.
Doutra banda o Concello de Viveiro propón unha ampla oferta de actividades acuáticas para adultos este verán. Do 8 ao 24 de xullo, ofértanse natación de iniciación (martes e xoves ás 19....
leer más








