saunas
03/10/2025
As saunas da piscina olímpica municipal de Cervo reabrirán o día 7 de outubro, martes.
O Concello de Cervo anuncia: “a partir do martes 7 de outubro xa poderás gozar novamente das saunas da nosa piscina olímpica municipal. Ven relaxarte e desfrutar dun espazo pensado para o teu benestar!”.
O horario de uso das saunas e os martes e os xoves de 10:00 a 15:00 e de 16:00 a 21:00 horas.
O Concello de Cervo explica que é obrigatorio informar na recepción da instalación cando se vaia facer uso da sauna.