San Miguel

27/11/2025

O Iberia Club de Fútbol, de San Miguel de Reinante (Barreiros), anuncia que se presentaron os actos de 90 Aniversario do club que “terán o seu epicentro cos partidos desta fin de semana de derbis: o sábado o equipo xuvenil enfrontarase ao CD Foz e o domingo o equipo sénior xogará contra o Ribadeo FC”.

Na presentación participaron, ademais de Marcos Rodríguez, como presidente do Iberia CF; Manolo Cadramón (xefe de Deportes da Xunta en Lugo); e Ana Ermida (alcaldesa de Barreiros).

 

23/10/2025

Este sábado, día 25 de outubro, ás 19:00 horas os colexios vellos de San Miguel, no municipio de Barreiros, acollerán a representación da obra Cousas, a cargo da compañía Os Quinquilláns. Con entrada de balde ata completar aforo.

O Concello de Barreiros explica que se trata “dunha adaptación da coñecida obra de Castelao, chea de retranca, humor e costumbrismo galego, que mestura traxedia, farsa e comedia”.

Ademais no mesmo espazo continúa aberta a exposición titulada Sempre Galiza, que pode visitarse ata o 31 de outubro nos seguintes horarios: luns, martes e mércores, de 10:30 a 11:30 horas; e os xoves de 12:00 a 13:00 horas.

16/10/2025

Os colexios vellos de San Miguel de Reinante (Barreiros) acollerán do 17 ao 31 de outubro unha exposición que recolle a actividade política e literaria de Castelao desde o ano 1934, cando firma os seus primeiros artigos no desterro estremeño, ata 1944, ano da publicación da primeira edición de Sempre en Galiza e da fundación do Consello de Galiza, goberno galego no exilio do que precisamente Castelao foi o primeiro presidente, anuncia o Concello de Barreiros.

A iniciativa forma parte do programa conmemorativo 75 cabodano de Castelao (1950-2025), do Museo Provincial de Lugo, e conta coa colaboración da Vicepresidenta da Deputación de Lugo e do Concello de Barreiros.

A mostra poderá visitarse os luns, martes e mércores de 10:30 a 11:30 horas e os xoves de 12:00 a 13:00 horas.

... leer más
29/09/2025

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre actuarán este domingo, día 5 de outubro, en San Miguel de Reinante (Barreiros) dentro do ciclo Polavilas no paraíso, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A actuación, ás 13.00 horas na pista da festa de San Miguel de Reinante, coincide coa celebración das festas desa parroquia, “un contexto elixido para achegar a música tradicional e en galego a todos os públicos”, anuncia a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O concerto contará coa participación do grupo de música tradicional O Arco da Vella, que acompañará a Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre nalgúns dos temas do repertorio, un repaso aos seus últimos catro discos - The Tambourine Man, Noró, As Catedrais silenciadas e Axúdame a sentir- que teñen a pandeireta como instrumento central.

... leer más
03/08/2025

O Iberia Club de Fútbol celebra a IV Festa do Bolo Preñao o día 8 de agosto, venres, en San Miguel de Reinante. Será na Praza do Souto a partir das 19:00 horas

“Chega a Festa do Bolo Preñado, un evento xa consolidado no verán sanmigueleño, que nos permite ademais de degustar os boliños , facer clube e facer equipo, en todos os sentidos. Coma sempre moita música, cos grandes Pandeireteiros do Inferno e DJ da casa á fronte, gran ambiente, merchandising do clube, sorteos, sorpresas e sobre todo a vosa compañía”, anuncia o Iberia CF.

26/06/2025

O Seminario de Estudos Os Espigueiros, de San Miguel de Reinante, organiza unha charla coloquio sobre a importancia da obra teatral Os vellos non deben de namorarse. Correrá a cargo do presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas, e será este domingo, día 29 xuño, ás 18:30 horas nos Colexios Vellos de San Miguel, no concello de Barreiros.

Na charla tratarase sobre “a obra Os vellos non deben de namorarse, que significou e significa para cada un de nós”, explica Os Espigueiros.

25/06/2025

A Agrupación Folclórica O Arco da Vella organiza en San Miguel de Reinante (Barreiros) a súa trixésimo segunda edición do Festival Folclórico Infantil. Será este sábado, día 28 de xuño, desde as 19:30 horas no pavillón do CEIP San Miguel. Antes haberá un pasacalles desde a Praza do Souto.

Ademais do grupo organizador, no festival actuará Mistura de Lieiro, agrupación do concello de Cervo.

23/06/2025

O deputado Daniel García e o músico e compositor Xabier Díaz presentaron este luns o ciclo de concertos “Polavilas no paraíso”, que o levarán actuar no concello de Barreiros. Será en San Miguel de Reinante o día 5 de outubro ás 13:00 horas.

A Vicepresidencia da Deputación explica que en Barreiros “gozarán dos concertos  que Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre están a realizar neste 2025, cun repertorio que repasa os catro discos editados desde 2015, coa pandeireta como instrumento central e o acompañamento de Adufeiras de Salitre”.

Na presentación, na que participaron a deputada provincial de Cultura, Iria Castro, e a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, “destacouse a puxanza da música tradicional e da música en galego nos últimos anos e valorouse a necesidade de facer partícipe deste dinamismo a todos os públicos,...

leer más
06/06/2025

San Miguel de Reinante, en Barreiros, acollerá o vindeiro 29 de xuño a xornada lúdica e deportiva DiversiPrix, organizada pola asociación Guillem Veiga Iglesias coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Barreiros.

Baixo o lema Como enredarnos como iguais, a asociación programa unha xornada lúdica con diferentes actividades (probas de puntería, obstáculos, un futbolín humano, xogos coperativos, de habilidade e lóxica ou xogos de mesa xigantes) pensadas para a participación de rapazas e rapaces con diferentes capacidades, creando equipos diversos que favorezan a convivencia.

Os grupos, formados por persoas con e sen diversidade funcional, realizarán un percorrido de cinco probas, distribuíndo as tarefas e colaborando para desenvolvelas de forma colectiva.

... leer más
05/06/2025

Esta fin de semana, sábado 7 e domingo 8 de xuño, celébrase a romaría de Santo Estevo de Pagá en San Miguel de Reinante (Barreiros).

As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Belinda e con chourizos e empanada gratis. Ás 18:00 horas actuará o grupo folclórico O Arco da Vella e ás 22:00 horas empezará a verbena co dúo Belinda e Disco Móvil The Sound Project.

O domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. Despois haberá degustación de chourizos e empanada gratis e sesión vermú longa a cargo do dúo Cover.