
Esta fin de semana, sábado 7 e domingo 8 de xuño, celébrase a romaría de Santo Estevo de Pagá en San Miguel de Reinante (Barreiros).
As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Belinda e con chourizos e empanada gratis. Ás 18:00 horas actuará o grupo folclórico O Arco da Vella e ás 22:00 horas empezará a verbena co dúo Belinda e Disco Móvil The Sound Project.
O domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. Despois haberá degustación de chourizos e empanada gratis e sesión vermú longa a cargo do dúo Cover.